No 2017, 264 filmes e 17 seccións conformaron un certame que medrou en proxeccións, en número de premiados, en xornadas e espazos de exhibición. Foi o filme La Villa, do realizador francés, Robert Guédiguian, o escollido para a apertura dunha edición na que recibiron os Premios Cineuropa os directores Costa-Gavras, Carla Simón e Manuel Martín Cuenca e o actor Leonardo Sbaraglia. A película L’insulte, de Ziad Doueiri, foi a máis votada polo público de entre os traballos de directores e directoras como Robin Campillo, Pedro Pinho, Mathieu Amalric, Roberto de Paolis, Léonor Serraille, Andrei Zvyagintsev ou Agnés Vardá e JR.