O terceiro Cineuropa inaugurouse coa soviética Mañana fue la guerra, de Youri Kara, flamante gañadora do primeiro Premio do Público do festival, outorgado na anterior edición. O Teatro Principal e o Salón Teatro foron as dúas salas de exhibición dunha mostra que se desenvolveu entre os días 11 e 19 de outubro. 50 películas de cineastas como Win Wenders, Mika Kaurismäki, John Boorman ou Jaime Camino, proxectáronse durante eses días acorde a unha das nosas premisas: moito cinema dos mellores autores.
Cielo e Infierno, de Morten Arnfred, foi a gañadora do Premio do Público dese ano 1989. Ano, por certo, que se clausurou cos sete filmes que conformaron o terceiro maratón de Cineuropa: Amsterdamned, de Dick Maas, Mujeres enamoradas, de Ken Russell, Un mundo aparte, de Chris Menges, Bailar con un extraño, de Mike Newel, El amigo de mi amiga, de Eric Rohmer, Hombres, hombres, de Doris Dörrie, e Temporada alta, de Clare Peploe.