Teñen un prezo de 4 euros todos os filmes das seccións Cineastas do Presente, Sección Oficial Europea, Panorama Internacional e Docs Cineuropa, LatidoAmericano, Cineuropa Miúda, Fantastique Compostela e a película sorpresa.
Para todas elas podes mercar un bono para 10 películas por 30 euros.
O Maratón ten un prezo de 6 euros e o bono non se pode trocar para este evento.
O filme Sing-Sing con música en directo da Real Filharmonía de Galicia ten dous pases:
- No do xoves, 20 de novembro, o prezo da entrada xeral é de 15 euros (7,5 € para persoas desempregadas, perceptoras de rendas sociais, xubiladas, maiores de 65 anos, estudantes, menores de 25 anos e membros de familias monoparentais ou numerosas.)
- No do venres, 21 de novembro, o prezo da entrada xeral é de 15 euros. Como se trata dun concerto (EN)FOCO tamén unha entrada que inclúe petisco e bebida na Lasso, que ten un custo de 21 €. Neste concerto non hai descontos.
Son de balde as seccións As cousas do Querer, Faye Dunaway: o talento convulso, Panorama Audovisual Galego. Tamén as sesións de proxección das galas de inauguración e clausura, as dos Premios Cineuropa, a proxección de La Casa de la Troya con música en directo e o concerto da Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela . En todos estes casos é preciso retirar convite.
Son de balde e de acceso libre ata completar capacidade as conferencias e mesas redondas ou de debate incluídas nas actividades paralelas.