Aquel novembro de cinema en Compostela de 2005 abriuno Viva Zapatero, de Sabina Guzzanti e dedicamos unha retrospectiva a Michael Haneke, que viña de gañar o premio ao mellor director no festival de Cannes por Hidden (Caché). Aquel ano trouxemos tamén Manderlay, de Lars von Trier; Hard Candy, de David Slade, que viña de arrasar no Festival de Cine Fantástico de Sitges; Ás 5 da tarde, de Samira Makhmalbaf; Live and Become, de Radu Mihaileanu; aquel Othello, de Stuart Burge que protagonizara Laurence Olivier; e así ata sumar 95 títulos no que pasaría a historia coma o derradeiro Cineuropa con menos de 100 películas no programa.
O día 15 entregamos o Premio Cineuropa a un grandísimo Luís Tosar, e aproveitamos que viña para proxectar Galatasaray-Dépor, de Hannes Stöhr; 13 badaladas, de Xavier Villaverde; La vida que te espera, de Manuel Gutiérrez Aragón; e O lapis do carpinteiro, de Antón Reixa.
O maratón de 2005 comezou o 30 de novembro con Racing bull, de Martin Scorsese. De seguido viñeron Crash, de David Cronenberg; Abre as orellas, de Stephen Frears; Naked lunch, de David Cronenberg; Pat Garret and Billy the kid, de Sam Peckinpah; O neno de Mâcon, de Peter Greenaway; e xa para antes de ir á casa a durmir (ou de reenganchar coa facultade, que de todo hai), Barton Fink dos irmáns Coen.