Skip to main content

Xurado Oficial

Eulàlia Iglesias Huix

Barcelona, 1972

Xornalista e crítica de cinema. É profesora do Departamento de Estudos da Comunicación da Universidade Rovira i Virgili  de Tarragona, onde imparte as materias de Historia do audiovisual e de Teoría e análise do cinema e da televisión. É tamén membro do consello de redacción de Caimán Cuadernos de Cine e colabora regularmente no xornal Ara e en cabeceiras como Fotogramas, Filmtopia e Rockdelux, entre outras publicacións.

Eulàlia Iglesias é autora de diversos capítulos en libros colectivos sobre cineastas como Rainer Werner Fassbinder, Muriel Box, Dorothy Arzner, Jacques Becker, M. Night Shyamalan, Bong Joon-ho, Joseph Losey, Francis Ford Coppola, Max Ophüls, Paul Schrader, Barbet Schroeder, Hong Sang-soo, Claude Chabrol, Georges Franju ou Larry Clark, entre outros. Forma tamén parte dos comités de programación da Seminci e do D’A – Festival Internacional de Cinema d’Autor de Barcelona.

Ramón Lluís Bande

Xixón, 1972

É cineasta e escritor e un dos máis destacados expoñentes actuais do cinema de non ficción en España. A súa obra, de forte vocación política e poética, explora a memoria histórica, o territorio e as voces da resistencia antifascista asturiana. Entre as súas películas destacan títulos como El fulgor (2002), Estratexa (2003), De la Fuente (2004), El paisano. Un retratu colectivu  (2005), La carta de Bárbara (2007), Llende (2012), Equí y n’otru tiempu (2014), El nome de los árboles (2015), Vida vaquera (2016), Aún me quedan balas para dibujar (2017), Escoréu, 24 d’avientu de 1937 (2017), Cantares de una revolución (2018), Vaca mugiendo entre ruinas (2020), Contracampos (2022) ou Retaguardia (2024). Os seus últimos libros publicados son Cuaderno de la revolución (2019), Cuaderno de la guerra (2021), El paisaxe belixerante (2024) e Cuaderno de la retaguardia (2024).

Nos últimos anos, os seus traballos documentais presentáronse en Cineuropa e noutros festivais internacionais, espertando un notable interese entre o público e propiciando intensos debates tras as proxeccións.

Florencia de Mugica

Bos Aires, 1985

Produtora. Licenciada en Arte Dramática, especializouse en cinema e produción. Posúe un mestrado en Distribución e Negocio Audiovisual e en Comisariado de Cinema pola Elías Querejeta Zine Eskola (EQZE). En 2014 fundou Bomba Cine, dedicada a acompañar cineastas emerxentes nas súas primeiras e segundas longametraxes. As súas producións foron estreadas e premiadas en festivais como a Berlinale, San Sebastián, Mar del Plata, BAFICI, BFI London, Valdivia e Doclisboa . Produciu títulos como La noche (2016), La verdad interior (2018), Mamá, mamá, mamá (2020), Misión a Marte (2022), Bird (2023) e Una sombra oscilante (2024). Actualmente reside en España, desde onde impulsa proxectos entre Europa e América Latina, en colaboración con distintos programas. Desde 2023 forma parte do departamento de industria da Seminci.

Xurado Novo

Este é o Xurado Novo de CINEUROPA 39! Teñen nas súa mans a composición dun palmarés coas seguintes categorías:

  • Mellor película
  • Mellor dirección
  • Mellor guión
  • Mellor interpretación feminina
  • Mellor interpretación masculina

Os premios do Xurado Novo serán de carácter honorífico e daranse a coñecer na gala de clausura do Festival.

Irene Álvarez Pardal

João Rebocho

Marie González Martínez

Alicia Ruiz Galdo

César López Vázquez

Lola Toval Bacelo

Lucía Martínez Grobas