Skip to main content

Seccións oficiais

DOCS CINEUROPA

Non existe barreira ou muro impenetrable entre o cinema de ficción e o documental. Ambos son vasos comunicantes diso que entendemos como transmisión de emocións afastadas da truculencia. O público do noso festival sábeo moi ben. Aquí alzáronse en máis dunha ocasión co Premio das Público obras de estirpe documental das que agora lembramos Los niños de Rusia, de Jaime Camino. Sen ir máis lonxe, na edición do pasado ano este mesmo premio foi para esa xema da memoria audiovisual titulada El caso Padilla, que nos introducía con impudicia abraiante naquela sala da Casa das Américas nas que a revolución cubana perdeu a inocencia.

Na programación deste Cineuropa 2023 aparece a sinatura de Wim Wenders —nos últimos anos moi dado a incursións no formato con obras tan estimables como Pina— centrado na arte pictórica e escultórica de Anselm Kiefer. Moito máis apegada ao presente, regresa a Cineuropa La estafa del amor, de Virginia García del Pino, da cal puidemos ver en Cineuropa El jurado ou Basilio Martin Patino, la última carta. Na súa nova proposta, García del Pino presentará ao público o estado das cousas da sedución nos tempos de Tinder. Unha chiscadela ao Pasolini de Enquisa sobre o amor sobre o cal a autora debaterá en directo co público de Cineuropa.

Tamén sobre o (des)amor e sobre como xestionalo ou reconvertelo trata Carmen Torres en Velocidad de escape, un exemplo non egocentrista de cinema do eu, a partir do que foi a relación amorosa da directora coa súa compañeira e a forma en que esta evolucionou despois da ruptura. Completan a sección propostas chegadas de Arxentina e Portugal, ademais do gran documental sobre Sinnead O’Connor Nothing compares.

Filter

ASTRAKAN 79

2023 - Catarina Mourão

LA ESTAFA DEL AMOR

2023 - Virginia García del Pino

LOS PAISAJES

2022 - Hernán Fernández

NOTHING COMPARES

2022 - Kathryn Ferguson

VELOCIDAD DE ESCAPE

2022 - Carmen Torres

NOVAS/OS CINEASTAS

Esta é a terceira edición de Cineuropa como festival internacional competitivo. Xa prendeu no público a idea de que entre estas primeiras ou segundas películas —indo máis aló das grandes firmas ou dos títulos aos os precede a súa sona— se atopan as verdadeiras sorpresas da programación. Sorpresas que tampouco chegan precisamente sen avais. Proceden do Panorama ou dos Encounters da Berlinale; da súa consagración en Cannes, vía os triunfos absolutos na Semana, a Quincena ou Un Certain Regard; do palmarés de Locarno, da loita polo León de Ouro de Venecia ou dos seus Giornate degli Autori. Cinema procedente de Grecia ou Romanía, de Alemaña ou Francia, de Tailandia, Corea do Sur, Arxentina, Reino Unido, Bélxica, Estados Unidos ou Galicia. O palmarés do xurado oficial coñecerase na clausura. Namentres, non perdan unha destas doce películas que están entre o cinema máis intenso da tempada.

Filter

ANIMAL

2023 - Sofia Exarchou

ARTURO A LOS 30

2023 - Martín Shanly

BAAN

2023 - Leonor Teles

HOW TO HAVE SEX / COMO TER SEXO

2023 - Molly Manning Walker

JAM / SLEEP

2023 - Jason Yu

MAMMALIA

2023 - Sebastian Mihăilescu

O AUTO DAS ÁNIMAS

2023 - Pablo Lago Dantas

RIDDLE OF FIRE / ENIGMA DE LUME

2023 - Weston Razooli

PANORAMA AUDIOVISUAL GALEGO

No seu momento, na primeira década deste século, en Cineuropa apostamos firmemente polos primeiros indicios de que en Galicia afloraba unha xeración de miradas poderosísimas. Seguimos naquel momento as primeiras curtametraxes de Oliver Laxe ou de Lois Patiño e inauguramos a edición de 2007 coa primeira longa de Alfonso Zarauza. Os tres son xa posuidores do Premio Cineuropa, xunto ao primixenio Alberte Pagán. Nesta edición continuamos o seguimento dalgún dos pioneiros do Novo Cinema Galego como Ángel Santos ou o xa citado Zarauza. Celebramos a ópera prima de Pablo Lago, O auto das ánimas, primeira película galega que compite polo Premio Cineuropa na sección Novas/os cineastas. E incorporamos á lista de Premios Cineuropa outorgados aos nosos talentos de interpretación (Luis Tosar, Mabel Rivera, María Vázquez, Antonio Durán «Morris») ao xupiterino Luis Zahera. Ademais, a través de senllos traballos documentais, lembramos as figuras e as creatividades truncadas fóra de tempo da poeta Xela Arias e do humorista grafico e axitador cultural Xesus Chichi Campos.

Filter

ALICIA FAI COUSAS

2023 - Ángel Santos
PROGRAMA CURTAS

CHICHI E MAIS EU

2023 - Nico Campos

DE(S)AMOR

2023 - Alba Pino
PROGRAMA CURTAS

DEVOCIONES

2023 - Ángel Montero, María Serna
PROGRAMA CURTAS

DIN QUE NON FALAN

2023 - Santos Díaz
PROGRAMA CURTAS

ESPANTOS E DESENCANTOS

2023 - Ariadna Silva Fernández
PROGRAMA CURTAS

HABITAR

2023 - Anxos Fazáns
PROGRAMA CURTAS

HONDARRAK

2022 - Marta Gómez, Paula Iglesias
PROGRAMA CURTAS

HONEYMOON

2023 - Enrique Otero

LAVADOIRO

2023 - Ana Amado, Lois Patiño
PROGRAMA CURTAS

LIQUE

2022 - Anita Pico
PROGRAMA CURTAS

MARIVÍ, NA PEL DA MEMORIA

2022 - Coral Piñeiro e Laura Piñeiro
PROGRAMA CURTAS

NINGÚN DEUS

2022 - Mirian Opazo
PROGRAMA CURTAS

O AUTO DAS ÁNIMAS

2023 - Pablo Lago Dantas

O NENO SARDIÑA

2022 - Lucía Estévez
PROGRAMA CURTAS

OS ESPAZOS EN BRANCO

2022 - Bruno Arias

PAROLA DE LADO E SOLA

2022 - Alfonso Zarauza
SESIÓN ZARAUZA

PONTEVEDRA HORA CERO

2023 - Alfonso Zarauza
SESIÓN ZARAUZA

PANORAMA INTERNACIONAL

O travelling polo máis brillante da tempada no cinema non europeo loce unha inocultable prevalencia dunha cinematografía: a arxentina. En verdade, é como para ter a tentación de teorizar con que a greta (sic), esa expresión que monopolizou a vida naquel país desde hai polo menos catro anos e que vén facer gráfica a extrema polarización sociopolítica que creba a cotiandade do país austral, resultara finalmente fonte de fecundidade creativa. Porque o certo é que ningunha das tres magníficas películas arxentinas incluídas na programación pode negar que sobre ela se estenden lecturas desa tensión máxima baixo a cal viviu o país e que explica o xurdimento dunha figura tan dantesca como Javier Milei, agora en proceso de plausible amortización electoral. Ese filme noir maxicamente desestruturado que é a peza mestra estreada e recibida con euforia en Cannes, Los delincuentes, parte dunha premisa non tan afastada á do Atraco a las tres de José María Forqué, para ir fraguando unha fuxida da realidade que sinala ou anuncia un país no que non se quere vivir.

El rapto é algo así como o antídoto contra a cívica e ata artisticamente comprensible candidez de Arxentina 1985. Ambientada nese mesmo ano, do que fala é das sentinas, das cloacas da ditadura, e de como seguiron regurxitando vítimas e horror, xa con Raúl Alfonsín na Casa Rosada. E Puan é –directamente– unha radiografía desa Arxentina onde a caldeira está a piques de estoupar. E a maneira en que isto se perfila partindo do humor para ir suavemente agravando o ton e concluír nunha emotiva explicación dunha sociedade onde o ruído o engole todo, desenvólvese nun dos mellores guións escritos este ano, premiado xa en San Sebastián.

Nesta selección do mellor do panorama do cinema non europeo do ano, poucas explicacións merecen tres autores maiores como Win Wenders, renacido en Perfect days cal ave fénix co seu premio para o actor xaponés Koji Yakusho en Cannes, Michel Franco, en Memory, a súa primeira experiencia de rodaxe en Hollywood, que supuxo en Venecia o Leon de Prata para o seu intérprete, Peter Saarsgard, e Ryusuke Hamaguchi, quen con Evil does not exist –Gran Premio do Xurado en Venecia– ratifica o que foi a eclosión do director hai un par de tempadas con Drive my car e A ruleta da fortuna e a fantasía.

Completan esta selección o Leopardo de Ouro do Festival de Locarno, a iraniana Zona crítica, viaxe lisérxica á fin da noite, rodada na clandestinidade dun Teherán moi After hours, e mais a australiana The survival of kindness, estrea absoluta en España logo do paso pola competición oficial da Berlinale deste insólito exercicio de humanización aborixe do universo Mad Max, que arrinca cunha muller encerrada nunha gaiola no deserto de Tasmania. E unha evolución sorprendente á altura do gusto polo risco do seu director, Rolf de Heer.

Filter

EL RAPTO

2023 - Daniela Goggi

MEMORY / MEMORIA

2023 - Michel Franco

PUAN

2023 - María Alché, Benjamín Naishtat
INAUGURACIÓN

SECCIÓN OFICIAL EUROPEA

Todas esas películas con sinatura europea das que levamos meses escoitando falar, tras o seu paso na Berlinale (Christian Petzold: Gran Premio do Xurado por Afire; João Canijo: Premio do Xurado por Mal Viver; Bas Devos, gañador Encounters por Aquí), en Cannes (Palma de Ouro para Anatomía dunha caída; mellor dirección para A lume manso; Premio do Xurado para Follas de outono), en Venecia (Matteo Garrone, mellor director por Eu capitán; Agnieszka Holland, Premio do Xurado por A fronteira verde), en Locarno (Radu Jude, Gran Premio do Xurado por Non agardes moito da fin do mundo) ou Karlovy Vary (Stephan Komandarev, Globo de Cristal para As leccións de Blaga) xunto á formidable película de Alice Rohrwacher, A quimera (Espiga de Prata en Valladolid), quizais a mellor da tempada. E a colleita española, co emerxente Victor Iriarte, quen con Sobre todo de noche (Premio FIPRESCI na Seminci) enmarca o Premio Cineuropa a Ana Torrent. A sección que foi raíz das primeiras edicións de Cineuropa continúa ostentado o lugar onde habitan as películas a priori máis agardadas.

Filter

BASTARDEN / BASTARDO

2023 - Nikolaj Arcel

FEMME

2023 - Sam H. Freeman, Ng Choon Ping

HERE / AQUÍ

2023 - Bas Devos

IO CAPITANO / EU CAPITÁN

2023 - Matteo Garrone

LA CHIMERA / A QUIMERA

2023 - Alice Rohrwacher

LA ÚLTIMA NOCHE DE SANDRA M.

2023 - Borja de la Vega

LAS TIERRAS DEL CIELO

2023 - Pablo García Canga

LE PROCÈS GOLDMAN / O CASO GOLDMAN

2023 - Cédric Kahn
CLAUSURA

MAL VIVER

2023 - João Canijo

SOBRE TODO DE NOCHE

2023 - Víctor Iriarte

VIVER MAL

2023 - João Canijo

ZIELONA GRANICA / A FRONTEIRA VERDE

2023 - Agnieszka Holland

PROXECCIÓNS ESPECIAIS

Filter

LE PROCÈS GOLDMAN / O CASO GOLDMAN

2023 - Cédric Kahn
CLAUSURA

PUAN

2023 - María Alché, Benjamín Naishtat
INAUGURACIÓN

Seccións paralelas

CINEMA E DEMOCRACIA: 40 ANOS DE DEMOCRACIA ARXENTINA

No marco das celebracións polos 40 anos de democracia a cumprirse o vindeiro 10 de decembro, o Consulado Xeral da República Arxentina en Vigo desenvolve unha serie de actividades tendentes a salientar, difundir e reflexionar sobre a vixencia dos dereitos humanos e o significado histórico, político e social que posúe a democracia.

Este ciclo cinematográfico da 37ª edición de Cineuropa é unha desas actividades creadas co obxectivo de poñer en valor os modos en que a sociedade arxentina exercitou a memoria sobre o pasado ditatorial e os seus efectos no presente. Un dos piares fundamentais foi a expresión artística, entre elas, a produción cinematográfica. Ben sexa en forma de ficción ou documental, a extensa filmografía que as creadoras e creadores cinematográficos dedicaron a este tema abrangue todo tipo de información, documentos, perspectivas e reflexións sobre o terrorismo de Estado, a militancia social e política, e os xeitos máis lóxicos e terapéuticos de procurar xustiza e construír memoria.

Filter

ARGENTINA, 1985

2022 - Santiago Mitre

CAPITÁN KÓBLIC

2016 - Sebastián Borensztein

EL EXILIO DE GARDEL (TANGOS)

1985 - Fernando Solanas

EL JUICIO

2023 - Ulises de la Orden

INFANCIA CLANDESTINA

2012 - Benjamín Ávila

LA HISTORIA OFICIAL

1985 - Luis Puenzo

MADE IN ARGENTINA

1987 - Juan José Jusid

UN LUGAR EN EL MUNDO

1992 - Adolfo Aristarain

CENTENARIO JORGE SEMPRÚN

Jorge Semprún é unha figura poliédrica clave para entender e abranguer boa parte do século XX español e europeo. Home político de acción (non seu desempeño como militante clandestino en España do Partido Comunista entre 1953 e 1962), de reacción (a súa saída ou expulsión do PCE en 1964, xunto a Fernando Claudín: o seu papel na dinamitación do Partido Comunista nas primeiras eleccións democráticas de 1977) e de xestión (foi ministro de Cultura dos gobernos de Felipe González entre 1988 e 1991).

Como escritor concentrou a meirande parte dá súa prolífica obra literaria na súa función memorial autobiográfica ou periférica á súa experiencia como prisioneiro no campo de concentración nazi de Buchenwald. E como guionista de cinema, embarcouse en relatar a través de historias para a gran pantalla as que foron obsesivas inquietudes ideolóxicas que foron motor da súa vida: temas tan presentes na súa colaboración estreita co Premio Cineuropa 2017 Costa-Gavras, con quen traballou para os libretos de Z, A confesión e Sección especial, con Alain Resnais (nos guións de Stavisky e da inequivocamente autobiográfica A Guerra rematou, na que o personaxe de Yves Montand é un diáfano alter ego do clandestino Federico Sánchez) e con Joseph Losey, onde Montand encarna por segunda vez a imaxe do Jorge Semprún clandestino en Os roteiros do sur.

Semprún estivo dúas veces nomeado ao Óscar polos seus guións: en 1968 por A guerra rematou, de Alain Resnais, e en 1970 por Z, de Costa-Gavras. É algo que ningún outro cineasta español conseguiu, o que dá unha idea da súa relevancia no cinema non só europeo senón naquela emanación que un cinema de compromiso político chego a alcanzar nun territorio tan pouco propicio como Hollywood.

En parte pola súa volcánica personalidade, que ou levou a enfrontarse con dureza con figuras de poder na Transición como Santiago Carrillo ou Alfonso Guerra, e quizais tamén polo seu afrancesamiento cultural de adopción (só escribiu directamente en castelán a novela política coa que gañou en 1977 o Premio Planeta, Autobiografía de Federico Sánchez e a última dás súas 14 novelas, 20 años y un día), non hai aínda en España unha consciencia cabal da importancia no noso século XX de Semprún, da súa biografía e da súa obra cinematográfica, memorialística e literaria. Só asi se explica que a piques de finalizar este 2023, ano do centenario do seu nacemento, esta programación especial de estudo e tributo á obra de Semprun sexa a primeira que se realiza en España.

Con motivo do citado centenario, Cineuropa reflexionará sobre a figura humana e biográfica de Semprún, nunha mesa de debate na que contaremos coa participación inestimable de Costa-Gavras, director co que o escritor colaborou en tres ocasiones e con quen mantivo unha moi estreita amizade ata a súa morte. Proxectaremos un total de dez películas baseadas en guións seus e tamén programaremos a tan interesante obra documental sobre ou final do franquismo e o estado das cousas na oposición á ditadura, o único filme que dirixiu, As dúas memorias.

As dúas memorias, na que o propio Costa-Gavras participa como narrador coa súa voz en off, é unha película seminal, un antecedente de peso de exploracións cinematográficas posteriores que tiveron moita maior difusión como La vieja memoria, de Jaime Camino ou o Informe General de Pere Portabella. En As dúas memorias, filmada aínda con Franco no Pardo, Semprún recolle testemuños, entre outros, de Santiago Carrillo, Federica Montseny, Jose María Gil-Robles, Dionisio Ridruejo, María Casares, André Malraux, Simón Sánchez Montero ou Fernando Claudín.

Filter

L’ATTENTAT / O ATENTADO

1972 - Yves Boisset

L’AVEU / A CONFESIÓN

1970 - Costa-Gavras

LAS VEREDAS DE SATURNO

1986 - Hugo Santiago

STAVISKY

1973 - Alain Resnais

Z

1969 - Costa-Gavras

CINEUROPA MIÚDA

Filter

LINDA VEUT DU POULET! / LINDA QUERE POLO!

2023 - Chiara Malta, Sébastien Laudenbach

THE INSEPARABLES / OS INSEPARABLES

2023 - Jérémie Degruson

FANTASTIQUE COMPOSTELA

Filter

ACIDE / ÁCIDO

2023 - Just Philippot

JAM / SLEEP

2023 - Jason Yu

MÁS NEGRO QUE LA NOCHE

1975 - Carlos Enrique Taboada
GÓTICO MEXICANO

RAPIÑA

1975 - Carlos Enrique Taboada
GÓTICO MEXICANO

SUPERVIVIENTES DE LOS ANDES

1976 - René Cardona

VENENO PARA LAS HADAS

1986 - Carlos Enrique Taboada
GÓTICO MEXICANO

MARATÓN

(POR ORDE DE PROXECCIÓN)

Filter

ACIDE / ÁCIDO

2023 - Just Philippot

MÁS NEGRO QUE LA NOCHE

1975 - Carlos Enrique Taboada
GÓTICO MEXICANO

SUPERVIVIENTES DE LOS ANDES

1976 - René Cardona

O MUNDO ESTÁ TOLO, TOLO, TOLO

En 1963 Spencer Tracy aceptou desmitificarse ao cento por cento e interpretar en It´s a mad mad, mad, mad world a un tenente de policía corrupto que loitaba durante máis de tres horas de metraxe por facerse co botín dun roubo. Para iso debía manter todo ese tempo unha desaforada barafunda contra unha banda de contrincantes a motor que foron a inspiración directa da serie de debuxos animados de Hanna-Barbera Os autos tolos (Wacky Races) que deu a coñecer mundialmente aos televisivos Penelope Glamour ou a Pier Nodoyuna. Tracy tiña 63 anos, estaba desfondado por unha vida de excesos etílicos e, de feito, despois desta ordalía, só protagonizaría unha película máis, Adiviña quen vén esta noite (Guess who’s coming to dinner), na que apenas se movía do sofá. Non hai nada máis disparatado que tratar de entender as razóns que levaron ao insigne actor a embarcarse (para case morrer no intento) no mix de screwball comedy e road movie que dá título a esta sección conformada por doce películas que hoxe son obras de culto absoluto pola nada ordinaria tolemia ou desaforamento que as percorre de comezo a fin. O billete de lotería dos Antoine e Antoinette de Jackes Becker. A cita co diaño de Don Ameche en O diaño dixo non (Heaven Can Wait), obra mestra radical de Ernst Lubitsch. Por non baixar chanzos na cima da mestría, o paseo de Joel McCrea pola Gran Depresión en As viaxes de Sullivan (Sullivan’s Travels), de Mitchell Leisen.

O Rufufú do sempre xigantesco Mario Monicelli, onde Vittorio Gassman ou Totó asinan xunto a el una das cimas da commedia alla italiana. O mellor Louis de Funes, un cómico necesitado de urxente reivindicación moito máis alá do xénero popular en A gran esmorga (La grande vadrouille). O disparate con cinco xenialidades por minuto de Hellzappopin, en España moi libre pero non do todo infelizmente traducido como Loquilandia. O delirio de humor british inclasificable de Withnail and I, película que participou na segunda edición de Cineuropa en 1988 e hoxe é xa obxecto de adoración cinéfila. O Billy Wilder máis cáustico que se poida imaxinar, con aquela posta en cuestión da institución matrimonial tan politicamente incorrecta que condenou ao filme, Kiss Me, Stupid a un esquecemento do que hai que rescatalo unha e mil veces, xunto a Kim Novak e á xenial autoparodia de Dean Martin. E Palombella rossa: que mellor oportunidade para recuperar a este Nanni Moretti, anticipo en liña directa con O sol do porvir.

Filter

I SOLITI IGNOTI / RUFUFÚ

1958 - Mario Monicelli

TAMPOPO

1985 - Jûzô Itami

WITHNAIL & I / WITHNAIL E EU

1987 - Bruce Robinson

PREMIOS CINEUROPA

Neste 2023 Cineuropa recoñece a Luis Zahera, Ana Torrent e João Canijo.

Filter

EL REINO

2018 - Rodrigo Sorogoyen

MAL VIVER

2023 - João Canijo

SOBRE TODO DE NOCHE

2023 - Víctor Iriarte

Actividades paralelas

MÚSICA

Filter

B.S.O. ‘IL GATTOPARDO’

Real Filharmonía de Galicia

DENDE A LOUCURA DO CINEMA

Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela

A 50 ANOS DO GOLPE EN CHILE

A TRAVÉS DO CINEMA DE CARMEN CASTILLO

O 11 de setembro de 1973, hai 50 anos, o Palacio Presidencial de la Moneda en Santiago de Chile foi bombardeado. Ese golpe de estado, comandado polo xeneral Augusto Pinochet, puxo fin ao goberno socialista de Unidad Popular de Salvador Allende, elixido democraticamente tres anos antes. Logo deste feito viñeron 17 longos anos dunha ditadura sanguenta e desapiadada que deixou máis de 40 mil vítimas, entre elas case tres mil mortos e máis de tres mil desaparecidos. Ás torturas padecidas polos milleiros de detidos e aos máis de 200 mil exiliados hai que sumar tamén o extenuante padecemento dun pobo vítima do laboratorio dun novo modelo económico ultraliberal perpetrado polos “Chicago Boys”.

Máis do 70 % da poboación chilena non nacera cando o golpe de estado. É por iso esencial preservar a memoria e proxectala cara ao futuro, un desafío ben grande no contexto dunha sociedade moi dividida, e o cinema debe contribuír nesta tarefa. Esta sección de Cineuropa dedícase ao cinema da chilena radicada en Francia Carmen Castillo, quen sufriu tamén de modo directo a represión da ditadura, e nela proxéctanse dous dos filmes máis representativos da súa filmografía. A maiores, realízase tamén unha actividade de reflexión e discusión a cargo da crítica cinematográfica Imma Merino, coñecedora de primeira man da obra de Castillo.

Imma Merino é licenciada en Filosofía pola Universidade Autónoma de Barcelona e doutora en Comunicación pola Universidade Pompeu Fabra, cunha tese de doutoramento titulada Subjectivitat i autorepresentació no cinema d’Agnès Varda.

É profesora de Historia e Teoría do Cinema e de Análise dos Medios de Comunicación na Universidade de Xirona. Desde 1989 exerce como crítica de cinema e xornalista cultural no xornal El Punt Avui. Tamén escribe noutras publicacións, como a revista L’Avenç, na que publica de xeito regular.

Carmen Castillo (Santiago de Chile, 1945). Documentalista e guionista chilena, militante do Movemento de Esquerda Revolucionaria (MIR, polas siglas en español), docente e investigadora do Centro de Investigacións de Historia de América Latina da Universidade Católica de Chile.

Colaboradora do Goberno de Salvador Allende, tras o golpe militar de 1973 pasa a vivir na clandestinidade a canda o seu compañeiro Miguel Enríquez, líder da resistencia chilena, e as fillas dos dous. A Dirección de Intelixencia Nacional (DINA), policía secreta da ditadura de Pinochet, descóbreos e dálle morte a Enríquez, ao tempo que expulsa a Castillo do país.

Carmen Castillo exíliase en Francia, onde consolidará unha longa traxectoria no eido documental, con producións en distintos países. Amais de La flaca Alejandra (1994) e de Calle Santa Fe (2007), que poderemos ver en Cineuropa 37, debémoslle outros moitos filmes, entre os que se contan La verdadera leyenda del Subcomandante Marcos (1994), El país de mi padre (2002) ou José Saramago: el tiempo de una memoria (2003).

Filter

CALLE SANTA FE

2007 - Carmen Castillo

LA FLACA ALEJANDRA

1994 - Carmen Castillo, Guy Girard

ACTIVIDADES ESPECIAIS

Filter

CURADURÍA FÍLMICA

Obradoiro co Valentina Otormin Dall’Oglio

DO GUIÓN Á PANTALLA

Encontro co Álvaro Brechner

Non perdas detalle da programación de Cineuropa 37!