No centenario do nacemento de Jorge Semprún, a 37ª edición de Cineuropa tece unha programación especial de estudo e homenaxe á súa figura e á súa obra que se completa cun faladoiro para convidarnos a reflexionar sobre a pegada deste autor esencial da escena cinematográfica, literaria e política.
Da man de Costa-Gavras, cineasta gañador do Premio Cineuropa en 2017, amigo e colaborador profesional de Semprún, ábrese ao público una mesa redonda na que participan tamén o programador cultural e escritor cinematográfico José Manuel Sande, a produtora Michèle Ray Gavras, e o escritor e director de Cineuropa José Luis Losa.