Por moito tempo creuse que era imposible levar á pantalla o universo do escritor uruguaio e Premio Cervantes Juan Carlos Onetti. Esa idea rematou cando comezaron a xirar as bovinas de Mal día para pescar, de Álvaro Brechner, adaptación do conto Jacob y el otro. Brechner redobrou a aposta cando levou, existosamente ao cinema o libro Memorias del calabozo, de Mauricio Rosencoff e Eleuterio Fernández Huidobro, integrantes do Movemento de Liberación Nacional-Tupamaros, confrontando o desafío adicional de transformar un libro de memorias nunha ficción. Esta película, La noche de 12 años, foi o filme de apertura da 32ª edición de Cineuropa.
Este encontro servirá tanto para orientar nas decisións que son necesarias tomar na adaptación cinematográfica, dirixíndose así tanto a futuros guionistas e cineastas como ao público xeral que sinta interese polo “detrás de escenas” do cinema.