NOV
16
Xoves, 20:30
Auditorio de Galicia

O concerto de Cineuropa é un clásico dentro da programación da Real Filharmonía de Galicia. Este ano, o programa inclúe unha selección da partitura da banda sonora do filme Il gattopardo de Nino Rota, considerada unha obra mestra da música para cinema. Visconti quedou fascinado polos Ballabili do músico napolitano, que reproducen nos seus aires de danza a beleza decadente dun mundo en plena descomposición. A Serenata húngara é unha obra de Miklós Rózsa -compositor dun cento de bandas sonoras, tres delas gañadoras dun Óscar- na que se pode apreciar a importancia do folclore da súa terra e a pegada de mestres como o tamén húngaro Zoltan Kodály. Estas dúas obras serven de limiar para o filme O inmigrante de Charles Chaplin, ao que pon música o compositor e director estadounidense Timothy Brock, especializado na creación de composicións para cine mudo.

Entradas en compostelacultura.gal, no despacho de billetes da Zona C no seu horario habitual, ou no despacho de billetes do Auditorio de Galicia desde 1 h antes do inicio do concerto.

Programa

Nino Rota
IL GATTOPARDO Selección

Miklós Rózsa
SERENATA HÚNGARA Op. 25 (estrea en España)

Proxección do filme:
THE IMMIGRANT (1917)
Charles Chaplin
Con música de Timothy Brock, 2012

Dirección

Timothy Brock