NOV
19
Martes, 18:00
Sala Mozart
Entradas

Cineuropa 38 acolle a fase final da especialidade de videocreación do certame Xuventude Crea 2024, un programa da Xunta de Galicia que procura recoñecer as propostas creativas da mocidade galega.

Creado en 2010, o concurso chega este ano á súa décimo cuarta edición. Nesta traxectoria acadou a participación de preto de 4.400 mozas e mozos e de 3.200 obras e proxectos distribuídos nas 14 especialidades do programa. Xuventude Crea pretende actuar como estímulo económico para a mocidade (cun primeiro premio de 3.000 euros, un segundo de 1.500 euros e un terceiro de 1.000 euros), pero, sobre todo, servir de escaparate para dar a coñecer entre o público o talento emerxente e as súas obras. As creacións e artistas máis recentes pódense consultar no museo dixital do programa: museoxuventudecrea.gal.

Nesta sesión especial en Cineuropa vanse presentar e proxectar as pezas que o xurado seleccionou como finalistas na modalidade de videocreación e daranse a coñecer as persoas gañadoras da edición.

Xuventude Crea é un programa organizado pola Xunta de Galicia para recoñecer os mozos e mozas galegos creativos, non profesionais, en 16 especialidades diferentes. Neste ano 2024 cumpre quince anos e, desde o 2010 ata a pasada edición, levan participado preto de 4.800 mozos e mozas con máis de 3.500 obras e proxectos. Este programa pretende actuar como estímulo económico para a mocidade (un 1º premio de 2.000 euros, un 2º de 1.500 euros e un 3º de 1.000 euros), pero ante todo é un escaparate para dar a coñecer entre o público os novos talentos e as súas obras.  Unha das 16 especialidades do programa é Videocreación, cuxa fase final se celebra no marco desta edición de Cineuropa. Proxectaranse as diferentes pezas que o xurado seleccionou como finalistas e uns minutos despois daranse a coñecer as persoas gañadoras deste ano.