No marco das actividades paralelas á programación de Cineuropa, o festival propón un obradoiro de guión da man da cinestasta Gabriela Guillermo (El nadador).
- Obradoiro: O GUIÓN NO CINEMA MODERNO, impartido por Gabriela Guillermo
- Data: Sábado 13, ás 11.00 horas
- Lugar: Zona C. Punto de Información Cultural
- Prazas: 20, adxudicadas por orde de solicitude
- Data límite de inscrición: xoves 11 ás 14.00 h, enviando un correo electrónico ao enderezo comunicacion@cineuropa.gal, indicando o seu nome completo, DNI e número de teléfono.
Gabriela Guillermo (Montevideo, Uruguai, 1965). é a coordinadora da Licenciatura en Linguaxe e Medios Audiovisuais da Facultade de Belas Artes da Universidade da República de Uruguai, e realiza un doutoramento en Cinema e Filosofía na Universidade de París, Sorbonne.Guionista e realizadora audiovisual desde 1992, no 1994 viaxa a París para realizar unha licenciatura e un mestrado en Estudos Cinematográficos e Audiovisuais, ademais dunha especialización de montaxe en La Fémis. En 2007 estrea en Montevideo a súa primeira longametraxe, Fan, que é seleccionada en varios festivais de cinema iberoamericano (e nos que obtén importantes recoñecementos). En 2012 estrea a súa longametraxe de ficción Una bala para el Che, seleccionado en importantes festivais internacionais. En 2017 realiza Betete xunto con Pablo Areán, e produce e codirixe xunto a Irina Raffo Historias de verano. No mesmo ano realizan Historia de Inverno, con André S. Labarthe en París. Actualmente presenta El nadador (baseado na novela homónima de Hiber Conteris), escrito en coautoría con Pablo Galante. Así mesmo, comeza o desenvolvemento de dúas novas películas: Historia de primavera, de novo xunto a Irina Raffo, e Cómo hiciste para quererme tanto.