Ano

2020

Nacionalidade

Suíza, Croacia

Duración

84 min.

Xénero

Ficción

Idioma

Croata, inglés

4,83

Nota do público
NOV
15
Luns, 22:30
Multicines Compostela
Mercar entrada
NOV
17
Mércores, 20:00
Multicines Compostela
Mercar entrada

Mare nunca voou, aínda que vive xusto á beira do aeroporto co seu esposo e os seus tres fillos adolescentes. Ama á súa familia, preocúpase por eles, pero ás veces case se sente como unha estraña na súa propia casa. Quen son estas persoas coas que vive? Mare atópase mirando os avións no alto, anhelando o cambio e o descoñecido. Cando un día un home se muda á casa ao carón da súa, ela pon a súa vida a proba.

Andrea Staka

Lucerna, Suíza

Afeccionouse á fotografía mentres estaba aínda na escola, e foi aceptada no prestixioso London College of Printing en 1992. En Londres o seu interese trasladouse da fotografía ao cinema, e en 1993 matriculouse na na Escola de Artes Visuais de Zúric, da que se graduou en 1998. En 2006 estreou a súa ópera prima, Das Fräulein, coa que gañou o Leopardo de Ouro á mellor dirección. Mare é a súa terceira longametraxe.
Ficha artística

Marija Škaričić, Goran Navojec, Mateusz Kościukiewicz, Mirjana Karanović, Ivana Roščić, Zdenko Jelčić, Nikša Butijer

Ficha técnica

Guión: Andrea Staka
Fotografía: Erol Zubcevic
Edición: Thomas Imbach, Redzinald Simek
Produción: Thomas Imbach, Andrea Staka