Ano

1985

Nacionalidade

Suíza

Duración

105 min.

Xénero

Ficción

Idioma

Francés

NOV
15
Luns, 22:00
Cinema NUMAX
Mercar entrada

En Terra de ninguén, Alain Tanner elixiu situar a súa sétima longametraxe baixo o signo da aventura. Pero esta aventura non debe entenderse como un divertimento: é a historia de catro persoas que tratan de satisfacer as súas necesidades máis simples e básicas.

Para escapar das súas vidas miserables, un grupo de mozos atópase regularmente nun vello edificio da aduana convertido en club nocturno, na fronteira franco-suíza. Terra de ninguén é un filme ‹entre dous›. Entre partir e quedar, entre Paul e Jean, é unha historia de amizade. Entre Paul e Madeleine, Jean e Mali, Jean e Lucie, é unha historia de amor. Entre Paul e a súa fuxida, Jean e o seu territorio, Madeleine e a súa música, Mali e o seu exilio. Esta bela película, reducida ao mínimo estrito, é un cadro filosófico do vagabundear humano.

«Neste filme, Alain Tanner reorganiza os seus vellos temas, ese estado de flotación entre a patria, onde unha busca con forza a existencia, e a nostalxia da fuga; a tensión entre o desexo de partir e a incapacidade de subir a un tren; a necesidade de traballar e o anhelo de non ter que facelo; a atracción da distancia, do estranxeiro, do outro –que finalmente sempre se revela próximo ao coñecido-, e a anticipación desa realidade que sempre desemboca no retorno». Neue Zürcher Zeitung.

Ficha artística

Hugues Quester, Myriam Mézières, Jean-Philippe Ecoffey, Betty Berr, Marie-Luce Felber, André Steiger, Teco Celio

Ficha técnica

Guión: Alain Tanner
Fotografía: Bernard Zitzermann
Edición: Laurent Uhler
Produción: Filmograph SA, MK2