Ano

1987

Nacionalidade

Suíza

Duración

105 min.

Xénero

Ficción

Idioma

Francés

NOV
18
Xoves, 16:30
Cinema NUMAX
Mercar entrada

Paul, duns 50 anos, é director de cinema. Escribe un guión coma se fose a súa profesión e comeza a buscar unha actriz para o rol principal. O feito de que non a atope ten que deberse forzosamente a algo: talvez haxa demasiadas historias e imaxes, demasiadas actrices e moi pouca tranquilidade. Quizá tamén sexa unha necesidade. Espontaneamente, Paul tira o seu guión. Jean acaba de rematar a escola de cinema e é contratada por Paul como asistente. Un día, Paul atopa unha vella foto de Dara, unha actriz italiana que algunha vez coñeceu e admirou, e que desapareceu da pantalla hai tempo. Paul pídelle a Jean que a busque. Tanto el como ela fan todo o posible para que Dara volva á pantalla. Para realizar ese proxecto embárcanse nun mundo de sentimentos, confrontacións e soños.

«…un ensaio cinematográfico, sen pesadez didáctica, sobre a dúbida respecto a un mesmo e a forma de vivir con esa dúbida, e sobre o perigo e o rexeitamento ao fracaso. Imposible non admirar o xeito suxestivo e impregnado dun ambiente tan particular no que Alain Tanner utiliza o cinema para criticar os seus aspectos máis superfluos. El arrisca o seu alter ego para a súa supervivencia artística». Hans-Dieter Seidel, Frankfurter Allgemeine Zeitung, 1987.

Ficha artística

Jean-Louis Trintignant, Laura Morante, Jacob Berger

Ficha técnica

Guión: Alain Tanner
Fotografía: Patrick Blossier
Edición: Laurent Uhler
Produción: Filmograph SA, MK2