MATERIAIS

Cartel

Descarga o cartel da nova edición do festival

Spot Cineuropa35

A programación do festival nun clip!

Fotografías

Descarga as fotografías de Cineuropa35

Notas de prensa

Consulta as novas e comunicados do festival

CONTACTO PRENSA

Míriam Louzao Fernández

Tel. 618 948 576
comunicacion@cineuropa.gal

ACREDITACIÓNS

Do 8 ao 24 de novembro celebramos a 35ª edición de Cineuropa en Santiago de Compostela. Coa intención de facilitar o traballo dos medios de comunicación, habilitamos este formulario para que as e os xornalistas poidan acreditarse e desenvolver axeitadamente o seu labor.

Será preciso achegar unha carta do/a director/a ou redactor/a xefe/a do medio de comunicación que acredite o traballo da persoa/s ao cargo da cobertura de Cineuropa, así como a función que desempeñarán (informativa, crítica, gráfica, etc) nesta edición.

IMPORTANTE: Por mor da capacidade das salas e do elevado número de solicitudes, non abonda con acreditarse para acceder directamente a todos os eventos. Será preciso avisar da intención de cubrir unha determinada proxección antes das 14.00 horas do día anterior ao pase a través do correo electrónico comunicacion@cineuropa.gal. As entradas para a fin de semana teñen que pedirse antes das 14.00 h do venres.

Desde a organización mandaremos un correo para confirmar a reserva de entrada para dita sesión.

Para facilitar o acceso, non será preciso pasar polo despacho de billetes. A recollida da entrada farase cada día na porta da sala solicitándoa ao persoal de atención ao publico, que pode requirir a presentación do documento de identidade.