Teñen un prezo de 4 euros todos os filmes das Seccións Oficiais (excepto os de Panorama Audiovisual Galego que son de balde), é dicir: Novas/os Cineastas, Sección Oficial Europea, Panorama Internacional e Docs Cineuropa (agás as proxeccións de ‘Las Sinsombrero’, que tamén son de balde).
Tamén son a 4 euros as proxeccións dos filmes das seguintes Seccións Paralelas: Dereitos Humanos, Latidoamericano, Fantastique Compostela, Perspectivas Suízas (dentro de País Convidado: Suíza), Cineuropa Miúda e a película sorpresa.
Para todos eles podes mercar un bono para 10 películas por 30 euros.
O Maratón ten un prezo de 6 euros e o bono non se pode canxear para este evento.
En Música e Cinema, a proxección do filme ‘O Peregrino’ de Chaplin, acompañada da música da Real Filharmonía de Galicia, ten un prezo de 15 euros (cos descontos habituais do 50%).
En Danza e Cinema, o espectáculo de La Intrusa ‘IT’S A WRAP [KUBRICK IS DEAD]’, ten un prezo de 10 euros (cos descontos habituais do 50%).