Ano

1971

Nacionalidade

Suíza

Duración

128 min.

Xénero

Ficción

Idioma

Francés

NOV
15
Luns, 17:00
Cinema NUMAX
Mercar entrada

Para Alain Tanner, A salamandra significou a sona internacional e o seu primeiro triunfo público. A película foi presentada no festival de Cannes en 1971, na sección Quincena dos Realizadores, e impuxo definitivamente no mundo o ton e o vigor corrosivo do novo cinema suízo, con Tanner como director emblemático. O guión do filme ten como punto de partida a experiencia do cineasta como xornalista da televisión suíza entre 1965 e 1968. A salamandra ábrese cunha sucesión de imaxes enigmáticas, como as que se utilizan nas reconstrucións televisadas de hoxe: un home limpa o seu fusil, sae o disparo; aparece furtivamente o rostro dunha muller. Que pasou? Esa apertura-misterio sérvelle de pretexto a Tanner para desenvolver un argumento metafórico: dous homes, un xornalista e un escritor, comezan unha investigación para descubrir a verdade sobre esa muller. Cada un emprega as súas propias armas: un, a investigación documental; o outro, a imaxinación sen límites. Pero aos poucos as xestións de ambos resultan vas. Efectivamente, o encontro co seu personaxe, Rosemonde, arruinará o seu esforzo por achar a verdade, e xorde un trío de personaxes libres e críticos que substitúe o exercicio frío e laborioso da verdade. A beleza da película radica na súa capacidade para dar un sentido sen subliñar a mensaxe: a realidade prevalece sobre o esforzo por aferrala, unha verdade de todo o cinema moderno desde O cidadán, e A salamandra é unha resposta suíza a ese filme. Interpretada por Bulle Ogier, Rosemonde é unha encarnación definitiva da liberdade de ser post-68. Frédéric Bas

.

Ficha artística

Bulle Ogier, Jean-Luc Bideau, Jacques Denis

Ficha técnica

Guión: Alain Tanner
Fotografía: Sandro Bernardoni, Renato Berta
Edición: Brigitte Sousselier, Marc Blavet
Produción: Alain Tanner, Gabriel Auer