Ano

2021

Nacionalidade

Bélxica, Romanía, México

Duración

140 min.

Xénero

Ficción

Idioma

Español

7,37

Nota do público
NOV
22
Luns, 19:30
Salón Teatro
Mercar entrada
NOV
23
Martes, 22:00
Salón Teatro
Mercar entrada

2021: Premio Coraxe da sección Un Certain Regard do Festival de Cannes

A filla adolescente de Cielo, Laura, é secuestrada no norte de México. Malia pagar varios rescates, Laura non é liberada. Como a muller non recibe ningún tipo de apoio na súa procura, decide tomarse a xustiza polas súas propias mans. No que si atopa apoio é en Lamarque, un militar cun modus operandi pouco convencional, que acepta axudala na súa procura, extraoficialmente, a cambio de información que ela lle pode proporcionar como local. A colaboración de Cielo con Lamarque devirá nunha espiral de violencia que a converterá na primeira vítima.

Teodora Mihai

Bucarest, Romanía

Naceu en Romanía na época da ditadura de Nicolae Ceausescu. No 89 foi a Bélxica para reencontrarse cos seus pais, que fuxiran para alí o ano anterior. Mihai estudou cinema no Sarah Lawrence College no norte do estado de Nova York e traballou como supervisora de guión, asistente de dirección e realizadora de televisión. La civil é a súa ópera prima.
Ficha artística

Arcelia Ramírez, Alvaro Guerrero, Jorge A. Jimenez, Ayelén Muzo, Juan Daniel Garcia, Eligio Meléndez, Mónica del Carmen

Ficha técnica

Guión: Habacuc Antonio De Rosario, Teodora Mihai
Fotografía: Marius Panduru
Edición: Alain Dessauvage
Produción: Les Films du Fleuve, Menuetto Film, Mobra Films Productions, One for the Road, Teorema Films