Ano

2021

Nacionalidade

Arxentina

Duración

77 min.

Xénero

Ficción

Idioma

Español

7,03

Nota do público
NOV
17
Mércores, 21:30
Salón Teatro
Mercar entrada
NOV
18
Xoves, 21:30
Multicines Compostela
Mercar entrada

2021: Gran premio «coup de cœur» no Festival de Cine Latino de Toulouse

Jimena viaxa a Río Grande, illa de Tierra del Fuego, no extremo sur de Arxentina ao encontro do seu medio irmán Mariano. Case non ten cartos para viaxar, pero apáñase para chegar alí coa esperanza de ter unha vida mellor nesa rexión manufactureira. O vento, o frío, e o complexo contexto de crise económica son o marco onde Jimena desenvolverá a empatía polas persoas que a rodean e o sentimento de pertenza, mais tamén un lugar onde aprenderá a coñecerse mellor a si mesma.

A ópera prima de Micaela Gonzalo entrelaza destramente o drama familiar e social nunha recóndita poboación da arxentina Tierra del Fuego. O difícil encontro de dous irmáns que apenas se coñecen, vai evolucionar ao mesmo tempo que a crise na fábrica de teléfonos móbiles na que ambos traballan. A folga e ocupación solidaria da fábrica polos traballadores, poñerá ao espido os comportamentos individuais e contradicións dos personaxes nun filme que remite a mellor dos irmáns Dardenne ou Ken Loach.

Micaela Gonzalo

Bos Aires, Arxentina

Estudou cinema no Centro de Investigación e Experimentación en Video e Cinema de Bos Aires. En 2016, a súa curta Toda mi alegría foi gañadora do concurso Historias Breves do INCAA e estreouse internacionalmente en 2018 na Berlinale 68. En 2017 obtivo o premio primer guión do Fondo Nacional das Artes para a súa ópera prima La chica nueva.
Ficha artística

Mora Arenillas, Rafael Federman, Jimena Anganuzzi

Ficha técnica

Guión: Micaela Gonzalo, Lucía Tebaldi
Fotografía: Federico Lastra
Edición: Valeria Racioppi
Produción: El Ojo Extraviado, Corinthian Media