Ano

2015

Nacionalidade

España

Duración

60 min.

Xénero

Documental

Idioma

Español

9,19

Nota do público
NOV
21
Domingo, 17:00
Auditorio de Galicia (Sala Mozart)
Mercar entrada

No ano 1927, ao cumprirse o tricentenario do falecemento do poeta español Luís de Góngora, varios escritores reuníronse no Ateneo de Sevilla para renderlle unha homenaxe. A partir dese acontecemento, un grupo de artistas e intelectuais españois foi identificado como a Xeración do 27. Entre eles atópanse Federico García Lorca, Luís Buñuel, Salvador Dalí, Rafael Alberti ou Luis Cernuda, entre outros. A Xeración do 27 foi unha das máis fecundas do século XX e o seu recoñecemento é indiscutible. Con todo, sábese pouco sobre as mulleres que tamén integraron devadito movemento. María Teresa León, Ernestina de Champourcín, Rosa Chacel, Concha Méndez, Maruja Mallo, Josefina de la Torre, María Zambrano y Marga Gil Roësset son algunhas das referentes da devandita xeración. As súas historias están narradas neste documental.

Serrana Torres

Paysandú, Uruguay

Traballou en: Lämnamiginte (2004), Única bacanal en Paris (2004), Matlådan (2005), Morendo (2005), Alter Geist (2006), Sex, gender and condoms (2007), Training fortrainers (2007) e Habibi min Haida (2012).

Tània Balló

Barcelona

Conta con 12 anos de traxectoria no eido da produción audiovisual e ten participado en máis de 15 producións de ficción e documental en cinema e televisión.

Manuel Jiménez

Málaga

Participou en La aldea perdida (2006), Hombres de sal (2009), El pésimo actor mexicano (2011), Proyecto mágico (2012), El lado oscuro (2012), Show Me Now! (2015).
Ficha artística

José Antonio Mesa Toré, Emilio Miró, Mercedes Gómez Blesa, Ana Rodríguez Fischer, Antonio Gómez, Marga Clark, Nuria Capdevila e Alicia Rodríguez Mederos

Ficha técnica

Guión: Serrana Torres, Tània Balló, Manuel Jiménez
Fotografía: Pedro Sara
Edición: Juliana Montañes e Carlos Prieto
Produción: Serrana Torres, Tània Balló, Manuel Jiménez