Ano

1976

Nacionalidade

Suíza

Duración

110 min.

Xénero

Ficción

Idioma

Francés

NOV
19
Venres, 18:30
Multicines Compostela
Mercar entrada

Xunto con A salamandra, Jonas que terá 25 anos no ano 2000 é a película máis soada de Alain Tanner, tamén é a que impuxo case definitivamente certa marca do cineasta para o público: mestura de seriedade e de humor coa crítica social como fondo, utopía agridoce de personaxes librados aos seus pensamentos e ás súas pantasmas nun mundo que non sempre está feito para eles. Pero esa opinión sobre o filme e o director pode levar a un malentendido, como lembra Serge Daney nun texto esencial sobre a película. Jonas que terá 25 anos no ano 2000 non ten nada de «ficción unanimista» de esquerda, lugar de reabsorción das loitas sociais en nome da nostalxia. Se a película rexistra os estados da alma, os soños da xeración do ’68 sen violencia nin odio non é para trazar un cadro tranquilizador ou para converter aos militantes de onte en personaxes simpáticos, senón máis ben para salientar a ferida secreta e pouco amosada dun conxunto de seres que desobedecen a orde social para non prestarse á regra sacrosanta do conflito aberto. Os «oito Ma» do filme (oito personaxes cuxos nomes empezan coa mesma sílaba, probablemente en alusión a Mao) loitan coas súas propias armas, que raramente son políticas pero que pertencen todas á súa infancia, espazos de xogo e de liberdade infinitos que o sistema non pode recuperar. Ese eloxio da infancia irredutible no seo da xeración do ’68, é unha das ensinanzas da película: «Jonas é un filme didáctico sen leccións, un filme enciclopédico sen conclusión», un filme libre. Fréderic Bas.

Ficha artística

Nicolas, Myriam Mézières, Jean-Luc Bideau, Myriam Boyer, Rufus

Ficha técnica

Guión: Alain Tanner, John Berger
Fotografía: Renato Berta
Edición: Brigitte Sousselier
Produción: Citel Films, Action Films, SFP SSR