Ano

1995

Nacionalidade

Suíza

Duración

120 min.

Xénero

Ficción

Idioma

Francés

NOV
19
Venres, 16:00
Multicines Compostela
Mercar entrada

Rosemonde vende a súa vida a unha gran cadea de televisión privada suíza, que compra ás vítimas de crimes os dereitos para a adaptación cinematográfica da súa historia. Oito anos antes, á idade de 20 anos, Rosemonde matou a un home que tratou de violala. Perante a falta de testemuñas, o xuízo fracasara. Kevin, o produtor, pídelle a Paul, un novo escritor, un guión sobre a vida de Rosemonde nesa época. Pero ela semella incapaz de lembrar o pasado e encérrase en si mesma cando Paul intenta interrogala. Entón Marie, unha actriz, visita a Rosemonde. Prometéronlle o papel de Rosemonde se consegue facela falar. Esta película conta a estraña relación entre dúas mulleres de distinto nivel social, e da amizade que se crea entre elas. Canto máis se achegan mutuamente, máis perciben que non poden xogar o xogo que lles esixen. É a historia dunha persoa que salva a outra e, á súa vez, a outra salva á primeira.

«Fourbi retoma os motivos e personaxes d’A salamandra 25 anos despois, rozando a vitalidade das películas máis antigas con flema e ás veces ata con indolencia. Unha vez máis, Tanner apunta aos escarmentados porque el tamén o é. (…) Fourbi é unha balada estival que reúne a un grupo de mozos que en circunstancias normais nunca se coñecerían. (…) Xuntos, inventan unha cultura da resistencia». Martin Schaub, Filmbulletin 1996.

Ficha artística

Karin Viard, Cécile Tanner, Jean Quentin Châtelain, Antoine Basler

Ficha técnica

Guión: Alain Tanner
Fotografía: Denis Jutzeler
Edición: Monika Goux
Produción: Filmograph SA, Noë Films