Ano

2021

Nacionalidade

Uruguai, Brasil, Arxentina

Duración

82 min.

Xénero

Ficción

Idioma

Español

6,25

Nota do público
NOV
8
Luns, 20:00
Cinema NUMAX
Mercar entrada
NOV
10
Mércores, 22:00
Auditorio de Galicia
(Sala Mozart)
Mercar entrada

Uruguai, 2045. A herba mate está prohibida. Dous vendedores ilegais inician unha cruzada cara a Paraguai para contrabandear herba. Nesta viaxe converteranse en heroes por accidente e intentarán devolver ao pobo a súa identidade perdida. Folclore do cono sur nunha road movie en clave de comedia absurda.

Joaquín Peñagaricano e Pablo Abdala

Uruguai

Joaquín Peñagaricano e Pablo Abdala formáronse na Escola de Cinema do Uruguai, estudando Artes e Comunicación na UdelaR e Dirección de Fotografía no S.I. C.A., respectivamente. Xuntos codirixiron as curtametraxes La velocidad de los ceibos (2006, con Pablo Aguirrezabal) e Nuestra hospitalidad (2010), cos que recibiron entre outras distincións o primeiro premio do AXN Film Festival 2008 e o Premio do Público na Sección Panorama Latinoamericano no Festival Curta Cinema de Rio de Xaneiro, respectivamente. Tamén realizaron as series documentais Nosotros, Nosotros dos, Un pueblo al Solís, e Fiestas tradicionales. Mateína é a súa primeira longametraxe.
Ficha artística

Diego Licio, Federico Silveira, Chiara Hourcade, Roberto Suárez, César Troncoso

Ficha técnica

Guión: Joaquín Peñagaricano, coa colaboración de Pablo Abdala Richero
Fotografía: Analia Pollio
Edición: Pablo Riera
Produción: Joaquín Peñagaricano, Pablo Abdala, Pancho Magnou Arnábal