Ano

2021

Nacionalidade

España

Duración

53 min.

Xénero

Documental

Idioma

Español

9,19

Nota do público
NOV
21
Domingo, 17:00
Auditorio de Galicia (Sala Mozart)
Mercar entrada

Neste terceiro episodio de Las Sinsombrero, abórdase a aquelas artistas e intelectuais que ao fin da guerra civil, se viron obrigadas a exiliarse en distintos países. A través das súas biografías, analízase o impacto que supuxo, sobre todo na súa autoría, o desterro. O exilio visto desde unha perspectiva de xénero demostra que, moi ao seu pesar, a maioría desas mulleres tamén sufriron un retroceso nas súas liberdades individuais. Sendo certo que ese retroceso non foi inducido por cuestións unicamente políticas senón por unha situación familiar e económica que as obrigou a dedicar parte do seu tempo a tarefas afastadas da produción creativa.

Este grupo de mulleres, do mesmo xeito que as súas compañeiras antes retratadas, foron esquecidas. A súa recuperación pretende completar o relato, ata o de agora fragmentado, da historia cultural española. Porque sen elas, a historia non está completa.

Serrana Torres

Paysandú, Uruguay

Traballou en: Lämnamiginte (2004), Única bacanal en Paris (2004), Matlådan (2005), Morendo (2005), Alter Geist (2006), Sex, gender and condoms (2007), Training fortrainers (2007) e Habibi min Haida (2012).

Tània Balló

Barcelona

Conta con 12 anos de traxectoria no eido da produción audiovisual e ten participado en máis de 15 producións de ficción e documental en cinema e televisión.

Manuel Jiménez

Málaga

Participou en La aldea perdida (2006), Hombres de sal (2009), El pésimo actor mexicano (2011), Proyecto mágico (2012), El lado oscuro (2012), Show Me Now! (2015).
Ficha artística

Luisa Carnés, Mada Carreño, Margarita Nelken, Silvia Mistral, Victorina Durán, María Dolores Arana, Carlota O’Neill

Ficha técnica

Guión: Tània Balló, Lupe Pérez
Fotografía: Pedro Sara
Música: Sheila Blanco
Produción: Yolaperdono, Nina, Intropíamedia