Ano

2021

Nacionalidade

España

Duración

104 min.

Xénero

Ficción

Idioma

Castelán

6,95

Nota do público
NOV
13
Sábado, 17:00
Salón Teatro
Mercar entrada
NOV
14
Domingo, 19:15
Teatro Principal
Mercar entrada

Despois de moito tempo sen coincidir na súa casa de verán, a familia Vidal pasa as últimas vacacións coa avoa Ángela, que sofre Alzheimer avanzado. Por primeira vez na súa vida, Nora , aos seus 14 anos, sente que non atopa o seu lugar: os xogos de nenos parécenlle ridículos e as conversas dos adultos aínda lle van grandes. Pero todo cambia coa chegada de Libertad, de quince anos e filla de Rosana, a muller colombiana que coida a Ángela.

Rebelde e magnética, Libertad convértese na porta de entrada a un verán distinto para Nora e as dúas nenas rapidamente forxan unha amizade intensa e desigual. Xuntas saen da burbulla de protección e confort que supón a casa familiar e descobren un mundo novo no que Nora se sente máis libre que nunca.

Clara Roquet

Vic

Libertad supón o salto á longametraxe de Clara Roquet, coguionista de 10.000KM, polo que recibiu xunto a Carlos Marques-Marcet a Biznaga de Prata ao Mellor Guionista Novel e o Premio Gaudí ao Mellor Guion. Ademais, colaborou como guionista con Jaime Rosales na súa última longametraxe, Petra.
Ficha artística

María Morera, Nicolle García, Vicky Peña, Nora Navas, Maria Rodríguez Soto, Carol Hurtado, David Selvas, Òscar Muñoz, Sergi Torrecilla, Mathilde Legrand

Ficha técnica

Guión: Clara Roquet
Fotografía: Gris Jordana
Edición: Ana Pfaff
Produción: Tono Folguera, Sergi Moreno, Stefan Schmitz, María Zamora