Ano

2021

Nacionalidade

Francia

Duración

100 min.

Xénero

Ficción

Idioma

Francés

7,93

Nota do público
NOV
17
Mércores, 19:30
Teatro Principal
Mercar entrada
NOV
20
Sábado, 19:00
Teatro Principal
Mercar entrada

2021: León de ouro á mellor película e Premio FIPRESCI no Festival de Venecia

Francia, 1963. Anne, unha brillante estudante cun futuro prometedor, descobre que está embarazada. Da noite para a mañá ve truncada a oportunidade de rematar os seus estudos e fuxir das asfixiantes restricións da súa contorna. Cos exames finais achegándose e un ventre que non para de medrar, Anne decide actuar.

Audrey Diwan

París, Francia

Directora e escritora francesa de orixe libanesa. A súa ópera prima, Mais vous êtes fous (2019), estivo protagonizada por Pio Marmaï e Céline Sallete. A súa segunda longametraxe, O acontecemento, adapta o libro de Anni Ernaux en torno ao seu aborto ilegal nos anos 60. O filme foi estreado e premiado no Festival de Venecia.
Ficha artística

Anamaria Vartolomei, Sandrine Bonnaire, Luàna Bajrami, Pio Marmai, Anna Mouglalis, Kacey Mottet Klein

Ficha técnica

Guión: Audrey Diwan, Marcia Romano. Baseado na novela de Annie Ernaux
Fotografía: Laurent Tangy
Edición: Géraldine Mangenot
Produción: Édouard Weil, Alice Girard