Ano

2021

Nacionalidade

Filipinas, Francia, Singapur, Indonesia, Alemaña, Qatar

Duración

105 min.

Xénero

Ficción

Idioma

Cebuano

5,39

Nota do público
NOV
11
Xoves, 17:45
Teatro Principal
Mercar entrada
NOV
16
Martes, 22:45
Teatro Principal
Mercar entrada

En novembro de 2013, o tifón Haiyan arrasa a provincia de Leyte, no leste de Filipinas. O día seguinte da catástrofe, o director da prisión de Tacloban deixa saír aos presos para que se reúnan coas súas familias. A única condición é que regresen á prisión nunha data determinada, ou pola contra serán perseguidos e asasinados. Fanáticos relixiosos, criminais e oportunistas asolagan de súpeto as rúas da cidade. Miguel, un preso de 20 anos, vai buscar á súa prometida Andrea e á súa nai Norma coa esperanza de convencelas da necesidade de refacer as súas vidas noutro lugar. O seu reencontro, que revelará os motivos do seu encarceramento, será breve e cheo de obstáculos, xa que se aveciña un novo tifón.

Carlo Francisco Manatad

Tacloban, Filipinas

Os seus filmes proxectáronse en festivais de cinema como Locarno, Toronto e Clermont-Ferrand. A súa curtametraxe Jodilerks Dela Cruz, Employee of the Month, unha película punk, explosiva e chea de desesperación pola situación social do seu país, proxectouse no marco da 56ª Semana da Crítica. Kun Maupay Man It Panahon é a súa ópera prima.
Ficha artística

Charo Santos, Daniel Padilla, Rans Rifol

Ficha técnica

Guión: Giancarlo Abrahan V, Carlo Francisco Manatad, Jérémie Dubois
Fotografía: Teck Siang Lim
Edición: Bienvenido Ferrer III
Produción: Armi Rae Cacanindin, Josabeth Alonso, Vincent Wang