NOV
9
Martes, 19:45
Cinema NUMAX
Mercar entrada

Como parte do proxecto expositivo Galicia Futura da Cidade da Cultura encargáronse as tres pezas que se exhiben conxuntamente neste programa e que foron concibidas dende a excelencia creativa de tres das grandes sinaturas do actual panorama audiovisual galego que reflexionan nelas sobre cuestións que están a definir a Galicia do futuro.

A Fundación Cidade da Cultura e Cineuropa colaboran nesta para levar á grande pantalla tres pezas audiovisuais creadas especificamente para a exposición. Deste xeito, péchase o círculo para tres obras de altísimo valor artístico confrontándoas co gran público da cidade:

– O futuro é das cabras (2021, 30 min.), unha curta sobre o futuro e o territorio creada polo cineasta Óliver Laxe

Paisaxe habitada (2021, 11 min.), unha envolvente curta de Juan Lesta que amosa como a arquitectura galega de hoxe está a construír o mañá

– E o videopoema Neuronas a ceo aberto (2021, 6 min.) de Lucía Estévez, que, sobre texto e interpretación da poeta Estíbaliz Espinosa, conecta elementos aparentemente distantes como a física, a exploración do espazo e a arte de Maruja Mallo co que está por chegar.

Galicia Futura está comisariada polo historiador da arte Miguel Ángel Cajigal e a química Deborah García Bello, recoñecidos divulgadores do eido da cultura e da ciencia, respectivamente. A mostra pode verse no Museo Centro Gaiás ata o 9 de xaneiro.