Ano

2020

Nacionalidade

Galicia

Duración

20 min.

Xénero

Ficción

Idioma

Galego

NOV
23
Martes, 19:30
Salón Teatro
Mercar entrada

Peza de Zarauza onde fala de Santiago desde un punto de vista cultural, arquitectónico, humano e existencial.

Din que Compostela é a capital dun pequeno país imaxinario.
Unha nación inexistente ou real chamada Galicia.
Un país ben curioso, cáseque esquizofrénico.
Unha nación que non sinten como tal máis da metade dos galegos.
Tamén habería que dicir que é unha nación sen estado ou unha
nacionalidade como a define a constitución española…
ainda que en realidade si que posúe un estado propio:
O estado mental galego.

Alfonso Zarauza

Santiago de Compostela

É un dos directores galegos cunha traxectoria máis longa e prestixiosa na actualidade. Como director realizou catro longas de ficción que obtiveron premios internacionais –La noche que dejó de llover (2008), Los fenómenos (2014), Encallados (2013), Malencolía (2021)-, un documental –A Viaxe dos Chévere (2014)-, seis curtas, dúas series de ficción e máis de vinte videoclips e pezas experimentais.
Ficha técnica

Guión: Alfonso Zarauza
Fotografía: Alberte Branco, Isaura Docampo
Montaxe – Alba Gallego
Composición e deseño sonoro: Nacho Muñoz
Produción: Alfonso Zarauza, Martín Calviño