NOV
14
Domingo, 17:30
Museo das Peregrinacións
Mercar entrada

O cineasta, escritor e teórico Alberte Pagán, que este ano recibe un dos Premios Cineuropa da edición, ofrecerá unha clase maxistral que porá o foco no esencialismo do propio cinema e os diferentes xeitos de abordalo. Que é o cinema para Alberte Pagán?

A clase maxistral acompañará á proxección de 7 curtametraxes dirixidas polo prolífico cineasta galego a modo de pequena retrospectiva: Faustino 1936 (2010), Película urgente por Palestina (2012), Walsed (2014), Flora e fauna (2017), Benposta – Peneira (2020), 25 de julho – Máscara (2020) e Dolores (2021).

Entrada de balde previa retirada de convites.