NOV
13
Sábado, 16:30
Cinema NUMAX
Mercar entrada

Desde a chegada de Trump á Casa Branca —e máis aínda desde a súa saída, coa invasión do Capitolio o pasado xaneiro—, a idea dun novo totalitarismo cobra forza non só nos Estados Unidos —onde ata a última entrega de Halloween preséntase como denuncia abertamente política desa ameaza— senón en Brasil, Filipinas, Rusia, Turquía ou na Europa de Polonia e Hungría. As visións que o cinema deu do totalitarismo e dos populismos que o fermentan é abordada por Angel Quintana, Martin Pawley e José Luis Losa, nunha mesa-debate con posterior proxección da esencial Molokh, unha das películas esenciais de Aleksandr Sokurov.

A entrada será gratuíta previa retirada de convites.