NOV
17
Mércores, 20:00
Cinema NUMAX
Mercar entrada

Moito se escribiu sobre a posición ideolóxica de Luis García Berlanga, da súa batalla coa censura durante o franquismo, que chegou ao extremo con El verdugo.

Coa chegada da democracia, Berlanga inxectou a súa visión de heterodoxo, de escéptico, para algúns de ácrata, na chamada Triloxía Nacional. Esta saga dos Leguineche abrangue o período da pre-Transición, coas cacerías e a pugna entre azuis e opusdeistas de La escopeta nacional; o posicionamiento dos fantasmais monárquicos de Patrimonio Nacional, que procuran acomodo nunha corte, a do actual emérito, que non se rexe xa por normas nobiliarias, senón puramente financeiras. E a camuflaxe desa nobleza de medio pelo na España do socialismo recén chegado, en Nacional III. Estes filmes compoñen un tríptico entre o surrealismo coral e a caricatura cáustica da Transición política aos ollos de Berlanga.

Participan nesta mesa José Luis Castro de Paz e Santos Zunzunegui, coordinadores da obra Furia española. Vida, obra, opiniones y milagros de Luis García Berlanga (1921-2010), cineasta. Ambos os dous catedráticos estarán acompañados por José Manuel Sande, autor xunto a Casimiro Torreiro do estudo Un Berlanga de papel.

O debate acompañará á proxección de Patrimonio Nacional, de Luis G. Berlanga, e a entrada será gratuíta previa retirada de convites.