Ano

2021

Nacionalidade

España

Duración

99 min.

Xénero

Documental

Idioma

Español

9,14

Nota do público
NOV
12
Venres, 17:00
Teatro Principal
Mercar entrada
NOV
13
Sábado, 19:00
Cinema NUMAX
Mercar entrada

O documental descobre a historia de Vicente Miguel Carceller, un editor comprometido coa liberdade, que co seu semanario La Traca conectou co pobo e mantivo un pulso co poder desde 1909 ata 1939, chegando a ter unha tirada de medio millón de exemplares semanais. Un hedonista, festivo e transgresor que, cos seus artigos e ferintes viñetas contra a igrexa, o rei e xenerais fascistas como Franco e Queipo de Llano, converteu o seu éxito en destino. En 1940, Carceller e Carlos Gómez Carrera (alias Bluff), editor e debuxante do semanario, serán dobremente silenciados, por un pelotón de fusilamento primeiro e pola censura franquista despois.

Ricardo Macián

Valencia

Enviado especial de TV (C9) a zonas de conflito como Iugoslavia, Guerra do Golfo, Albania, Somalia ou Afganistán. É guionista e director de Los ojos de Ariana (sobre como nove traballadores del Afghan Films salvaron miles de filmes da queima talibán), Ivi Marae, Tierra sin mal, Carceller, Cave to Cave, La poesía anda por las calles ou Microasesinos.
Ficha artística

Pep Plaza, Paco Alegre, J.M. Gurillo, Lola Moltó, J.M. Casany, Bruno Tamarit, Resu Belmonte

Ficha técnica

Guión: Ricardo Macián
Fotografía: José Milán, Pablo González
Edición: Miguel Ángel Villa Guerra
Produción: Fausto J. Atienza, Antonio Mansilla, Nacho Navarro