Ano

2021

Nacionalidade

España

Duración

82 min.

Xénero

Documental

Idioma

Español, inglés

8,57

Nota do público
NOV
17
Mércores, 18:00
Cinema Numax
Mercar entrada
NOV
19
Venres, 22:45
Multicines Compostela
Mercar entrada

Dicía o Dr. Tyrell a Roy na soada Blade Runner que “a luz que brilla co dobre de intensidade dura a metade do tempo”. Como Bambino, unha vida demasiado curta e á vez demasiado intensa para o referente dun país que empezaba a espertar tras madrugadas de festas infinitas e salvaxes. Do mesmo xeito que Morente ou Camarón, Bambino foi no seu momento a última fronteira do flamenco, ao que rescatou e achegou ao gran público. Artista de artistas, ídolo en bares de estrada, unha sorte de Lorca por bulerías, o seu estilo inimitable, o seu irresistible magnetismo escénico ou a súa desgarradora personalidade forman xa parte do mito, do rei sen reino, dun xigante da música do século XX.

Paco Ortiz

Huelva

Licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Sevilla, director de cinema e realizador de tv, socio fundador de Sarao Films xunto a José Carlos de Isla desde 2012. Como director cinematográfico ata a data dirixiu 7 longametraxes documentais, salientando un nomeamento aos Premios José María Forqué (13. Miguel Poveda) e numerosos nomeamentos nos Premios Asecan do Cinema Andaluz por distintas películas.
Ficha artística

Bambino, José Mercé, Justo Molinero, Los de Río, Nazario, Máximo Valverde, Alberto García-Alix, Bunbury, Cristina Cruces

Ficha técnica

Guión: Paco Ortiz
Fotografía: Elisa Moreno
Edición: Paco Ortiz
Produción: Paco Ortiz, José Carlos de Isla