Ano

2021

Nacionalidade

Grecia, Francia, Estados Unidos

Duración

111 min.

Xénero

Ficción

Idioma

Tagalo, inglés, grego

5,89

Nota do público
NOV
15
Luns, 17:00
Teatro Principal
Mercar entrada
NOV
16
Martes, 19:30
Salón Teatro
Mercar entrada

Cando a súa nai regresa a Filipinas, Emy e Teresa quedan soas en Atenas, onde comezan a forxar camiños separados na procura das súas propias identidades. Teresa, secretamente embarazada do fillo dun mariñeiro grego, é acollida pola igrexa carismática filipina onde Emy non logra encaixar. Ela séntese atraída cara á casa da señora Christina, unha anciá grega que dirixe unhas prácticas de curación alternativa onde adoitaba traballar a nai das dúas irmás. A medida que avanza o embarazo de Teresa, Emy aprenderá a explorar as súas habilidades na procura da súa propia identidade.

Araceli Lemos

Atenas, Grecia

A súa ópera prima, Holy Emy, foi estreada no Festival de Locarno 2021 e gañou o FirstCutLab como traballo en progreso. A súa curtametraxe Miguel Alvarez lleva peluca (2012), foi proxectada en varios festivais de todo o mundo, incluidos Tampere, Outfest e Leeds.
Ficha artística

Abigael Loma, Hasmine Kilip, Michalis Syriopoulos, Angeli Bayani, Ku Aquino, Irene Igglesi

Ficha técnica

Guión: Giulia Caruso, Araceli Lemos
Fotografía: Ki Jin Kim
Edición: Araceli Lemos, Raphaëlle Martin-Holger
Produción: Konstantinos Vassilaros, Mathieu Bompoint, Giulia Caruso, Ki Jin Kim