Ano

2021

Nacionalidade

Galicia

Duración

60 min.

Xénero

Documental

Idioma

Galego

NOV
15
Luns, 19:15
Auditorio de Galicia
(Sala Mozart)
Mercar entrada

Unha mensaxe de paz, memoria e rebeldía para as novas xeracións. Toda historia de represión e inxustiza ten o seu relato de resistencia e esperanza.
A nosa memoria acorda e renace nos lugares, na xente. No 36, o fascismo franquista quixo apagar a nosa voz e o noso pensamento. A historia escríbea quen vence, pero outras historias continuaron escribíndose tamén. Hoxe, coma quen acorda dun longo sono, voltamos a algúns dos lugares onde habitou o silencio, o medo, a perda e poboámolos de música, cancións e palabras. O Departamento de Memoria Histórica da Deputación de Pontevedra propón unha emocionante viaxe á memoria da man do poeta e narrador Lois Pérez e da cantora Uxía, que reúne algunhas das voces máis representativas de Galicia para ilustrar historias de loita e dignidade.

 

Uxía

Uxía é considerada unha das maiores embaixadoras da música e a poesía galegas. Nos seus máis de 35 anos de carrera artística renovou a música tradicional galega conectándoa coas culturas atlánticas, combinando alalás con morna, fado ou ritmos brasileiros.

Marina Carracedo

Marina Carracedo é xestora cultural e filóloga. Ten traballado como profesora visitante na Universidade de Brown e UCLA, e é colaboradora habitual do departamento de Cursos Internacionais da Universidade de Salamanca. Dirixiu durante tres anos o Festival de cine latinoamericano e ibérico de UCLA.
Ficha artística

Testemuñas: Queta Molas, Telmo Comesaña, Sheila Patricia, Eduardo R. Cunha, “Tatán”, Blanca Francés

Ficha técnica

Idea orixinal: Departamento de Memoria histórica da Deputación de Pontevedra
Dirección técnica e edición: Lucas Terceiro
Guión e narración: Lois Pérez
Asesoramento de contidos: Montse Fajardo
Produción: Marina Carracedo