Ano

2021

Nacionalidade

Dusty Mancinelli, Madeleine Sims-Fewer

Duración

107 min.

Xénero

Ficción

Idioma

Inglés

5,24

Nota do público
NOV
16
Martes, 22:00
Salón Teatro
Mercar entrada
NOV
19
Venres, 16:00
Teatro Principal
Mercar entrada

2021: Sección Oficial do Festival de Sitges

Miriam regresa á casa da súa irmá menor tras varios anos separadas. Non está a pasar o seu mellor momento persoal e está a piques de divorciarse. Cando sente que tanto a súa irmá como o seu cuñado traizoan a súa confianza, a muller embárcase nunha desapiadada cruzada para vingarse.

Violation sepárase case desde o comezo do subxénero revenge que semella anunciar para crear unha metódica percepción do medo. É unha mirada sobre a crueldade, pero sen morbo habitual. É iso posible? A película no só o acada, senón que dá un paso cara a unha dirección descoñecida: cuestionar a orixe da crueldade. En especial, nun ámbito contemporáneo no que as gradacións sobre a percepción parecen ser infinitas.

Dusty Mancinelli

Toronto, Canadá

É principalmente director de curtametraxes. Varias das súas películas exhibíronse no Festival Internacional de Toronto e outros festivais de cinema en todo o mundo. Violation é a súa ópera prima.

Madeleine Sims-Fewer

Kawartha Lakes, Canadá

Actriz e cineasta, dirixiu varias curtas ata estrear a súa ópera prima, Violation, filme que codirixe xunto a Dusty Mancinelli e que tamén protagoniza.
Ficha artística

Madeleine Sims-Fewer, Anna Maguire, Jesse LaVercombe, Obi Abili, Jasmin Geljo, Cynthia Ashperger

Ficha técnica

Guión: Dusty Mancinelli, Madeleine Sims-Fewer
Fotografía: Adam Crosby
Música: Andrea Boccadoro
Produción: Dusty Mancinelli, Madeleine Sims-Fewer