Ano

1987

Nacionalidade

Suíza

Duración

110 min.

Xénero

Ficción

Idioma

Francés

NOV
16
Martes, 16:00
Cinema NUMAX
Mercar entrada

Malia atravesar moitos dos seus filmes anteriores —traballando a identidade dos personaxes e a súa relación co mundo— a cuestión do desexo sexual nunca foi tratada frontalmente por Tanner. Ata Unha chama no meu corazón os seus personaxes manteñen todo tipo de relacións, pero a máis íntima sempre era suxerida. Iso explica a ausencia do corpo no acto sexual, un reflexo defensivo de Tanner perante un cinema de ‹puras entrañas› onde os directores, di el, «devóranse o fígado». «Eu necesito o mundo exterior, a realidade». Con Unha chama no meu corazón o cineasta demostra que un pode falar do mundo e do sexo sen perder nada. Tanner debe este novo horizonte físico do seu cinema a Myriam Mézières: logo dunha relación tempestuosa cun amante tiránico, Mercedes entrégase a unha nova paixón cun xornalista, pero o seu anhelo de absoluto choca contra a normalidade do seu compañeiro, demasiado ausente. O seu devir lembra o do mariño de Na cidade branca.

Retrospectivamente, Unha chama no meu corazón aparece case como unha película simétrica d’A Salamandra: o mesmo retrato de muller libre, case salvaxe, máquina de desexar nun mundo que non desexa, a mesma soidade final. A diferenza entre os dous personaxes, á parte da presenza xenial do corpo espido de Myriam Mézières, é que Rosemonde encarnaba unha liberdade xubilosa e triunfante (ver o seu sorriso final), mentres que Mercedes é unha resistente nun mundo desesperado. «Non ter máis esperanzas é iso, ser lixeira, estar tranquila», di ela no filme (Frédéric Bas).

Ficha artística

Myriam Mézières, Aziz Kabouche, Benoît Régent

Ficha técnica

Guión: Alain Tanner
Fotografía: Acácio de Almeida
Edición: Laurent Uhler
Produción: Garance, Filmograph SA.