Ano

2021

Nacionalidade

China

Duración

123 min.

Xénero

Ficción

Idioma

Chinés

6,66

Nota do público
NOV
9
Martes, 22:00
Cinema NUMAX
Mercar entrada
NOV
20
Sábado, 21:30
Auditorio de Galicia
(Sala Mozart)
Mercar entrada

Dividida en tres episodios, Ripples of life acompaña a un equipo de cinema que chega á remota cidade de Yong’ an, un enclave que loita por mellorar o seu atractivo turístico. A súa chegada xera unha onda de optimismo en Gu, a propietaria dun restaurante local que soña con cambiar de vida; e a emoción da veciñanza, xa que a estrela do filme, Chen, é orixinaria de alí. Pero non todo é precisamente harmónico no seo do equipo. A poucos días de iniciar a rodaxe, as tensións medran entre o director e o guionista, que manteñen un interminable debate que abrangue desde o cinema até a vida.

Aínda que o filme parte cunha intención de poñer o foco nalgúns clichés do mundo do cinema independente chinés, aos poucos vaise volvendo máis intimista para falar do mesmo cinema, de entendelo e de lograr unha empatía con estes personaxes que no final de contas andan na procura de si mesmos a través das historias que interpretan. Todos os personaxes semellan resignados á idea de non ser quen de cumprir os seus soños, mais o cinema e a capacidade de creación son o seu modo de redención.

Shujun Wei

China

Graduouse na Universidade de Comunicación de China, con especialización en Dirección e Enxeñería de Son. A súa curtametraxe de posgrao On the border foi premiada no festival de Cannes en 2018. En 2020 estreou a súa ópera prima: Striding Into the wind. Ripples of life é a súa segunda longametraxe.
Ficha artística

Yang Zishan, Kang Luo, Miyi Huang, Wang Jiajia, Meng Zhou, Chen Wang, Nan Cui

Ficha técnica

Guión: Shujun Wei, Chunlei Kang
Fotografía: Wang Jiehong
Edición: Matthieu Laclau
Produción: Xufeng Huang, Ying Liang