Ano

2020

Nacionalidade

Arxentina

Duración

68 min.

Xénero

Documental

Idioma

Español

4,4

Nota do público
NOV
8
Luns, 18:15
Cinema NUMAX
Mercar entrada

Os recentes procesos xudiciais relacionados coa ditadura arxentina centráronse basicamente nos perpetradores directos: militares, policías e forzas de seguridade. Na súa nova película, o director de El predio y 17 monumentos expón a necesidade de botar a vista atrás en termos de responsabilidade e non de complicidade. Para profundar nesa cuestión, Jonathan Perel basea o seu filme nun libro do que existen moi poucas copias impresas. Trátase de Responsabilidade empresarial en delitos de lesa humanidade, o primeiro informe realizado polo Estado arxentino que documenta 25 casos de participación empresarial na represión exercida durante a ditadura. O cineasta pon o foco nesas empresas para denunciar o seu papel durante a ditadura facilitando activos e información aos militares a cambio de beneficios.

Responsabilidade empresarial, que tivo a súa estrea mundial na sección Forum da Berlinale, componse dunha serie de planos fixos filmados desde o interior dun automóbil estacionado fronte a esas empresas. Como banda sonora, escoitamos ao mesmo Perel lendo extractos do libro que quere visibilizar, proporcionándolle así unha imaxe cinematográfica e unha existencia física. O filme eríxese como unha poderosa ferramenta de denuncia para evitar que a responsabilidade directa destas compañías caia no esquecemento. Unha nova e imprescindible perspectiva na construción da memoria.

Jonathan Perel

Bos Aires, Arxentina

Completou os seus estudos de arte na facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Bos Aires. Dirixiu as longas Toponimia (2015), Tabula rasa (2013), 17 monumentos (2012) e El Predio (2010). Os seus filmes foron proxectados e premiados en numerosos festivais de cinema, como a Berlinale, Viennale, Rotterdam, FIDMarseille, A Habana ou BAFICI.
Ficha técnica

Fotografía, edición e produción: Jonathan Perel