NOV
17
Mércores, 12:00
Cinema NUMAX
Mercar entrada

Con motivo do centenario do nacemento de Luis García Berlanga, a Filmoteca Española e o Institut Valencià de Cultura coeditaron o libro Furia española. Vida, obra, opiniones y milagros de Luis García Berlanga (1921-2010), cineasta; un traballo composto por dous volumes que analiza a obra dun dos artistas máis importantes do século XX do noso país.

No acto participan os directores da edición, os catedráticos José Luis Castro de Paz e Santos Zunzunegui, e José Manuel Sande, autor xunto a Casimiro Torreiro do estudo Un Berlanga de papel.

A entrada será libre ata completar a capacidade da sala.