NOV
21
Domingo, 12:00
Auditorio de Galicia
Mercar entrada
  • Entrada de balde previa retirada de convite en www.compostelacultura.gal ou no despacho de billetes da Zona C (Preguntoiro, 1).

Logo dunha longa traxectoria ensinando cine e un amor inexplicable polo papel, Belén Veleiro decidiu crear Paper Cinético, unha actividade que reflexiona sobre o “papel” do papel no cinema explorando as infinitas posibilidades deste formato que permite transformar, entre outras cousas, a bidimensionalidade dunha folla de papel nun obxecto tridimensional en movemento. Trátase dunha cita apta para todas as idades, nas que o público miúdo debe ir acompañado.