Ano

2020

Nacionalidade

Serbia, Eslovenia, Países Baixos

Duración

122 min.

Xénero

Ficción

Idioma

Serbio

NOV
11
Xoves, 16:15
Museo das Peregrinacións
Mercar entrada

Á súa chegada a unha institución para persoas con diversidade funcional, María convértese rapidamente en amiga da igualmente apaixonada Dragana. Cando queda claro que ambas as dúas están namoradas do máis retraído Robert, a súa relación altérase e gradualmente e convértese nun perigoso xogo para conquistalo. Impulsadas polos seus novos sentimentos de desexo e celos, as súas accións impulsivas derruban o delicado equilibrio preservado polas asfixiantes regras da institución e desembocan en confrontacións e medidas desesperadas para atopar unha saída.

Ambientado nunha institución real e presentando as persoas residentes no seu primeiro intento de actuar, Oasis amosa unha sociedade que mira cara outro lado, para contar unha poderosa historia sobre o que significa estar vivo, ser necesitado e amado, e como a vida sempre atopará un xeito de romper as gretas.

Ficha artística

Marijana Novakov, Tijana Markovic, Valentino Zenuni, Milica Djindjic, Sasa Strugar, Marusa Majer, Goran Bogdan

Ficha técnica

Guión: Ivan Ikić
Fotografía: Milos Jacimovic
Edición: Dragan Von Petrovic
Produción: Milan e Marija Stojanovic