Ano

2020

Nacionalidade

Brasil

Duración

83 min.

Xénero

Documental

Idioma

Portugués

NOV
10
Mércores, 16:30
Cinema NUMAX
Mercar entrada

O 13 de decembro de 1968, a ditadura militar brasileira aprobou o quinto acto institucional. AI-5, como se coñeceu, marcou o inicio da fase máis represiva e violenta do réxime. Catorce días despois foi detido o cantautor Caetano Veloso. Tiña 26 anos e foi sacado da súa casa en São Paulo por axentes vestidos de civil que se negaron a dicirlle o porqué da súa detención. Levado a Río de Xaneiro, pechado en illamento durante unha semana e logo trasladado a outras celas, sufriu a proba máis grande da súa vida. En total, estivo na cadea durante 54 días.

Cincuenta anos despois, Narciso em férias presenta as lembranzas e reflexións de Caetano sobre ese tempo no cárcere. Bosquexa un retrato íntimo e detallado dos días en soidade, lembra e canta cancións que marcaron o período do seu encarceramento, e repasa incidentes dolorosos que viviu xunto a outros presos, como o seu amigo Gilberto Gil, detido ese mesmo día. Caetano presenta nova información producida pola ditadura sobre os motivos da súa detención, expoñendo a visión do réxime sobre el e arroxando luz sobre a brutalidade arbitraria dese momento da historia brasileira.

Ficha artística

Coa intervención de Caetano Veloso

Ficha técnica

Guión: Renato Terra, Ricardo Calil
Fotografía: Fernando Young
Edición: Henrique Alqualo, Jordana Berg
Produción: Paula Lavigne, Maria Bruno