Ano

2021

Nacionalidade

Austria, Francia, Bélxica, Taiwan

Duración

118 min.

Xénero

Ficción

Idioma

Mandarín

7,10

Nota do público
NOV
14
Domingo, 21:30
Teatro Principal
Mercar entrada
NOV
18
Xoves, 17:00
Salón Teatro
Mercar entrada

2021: Premio Un Certain Regard no Festival de Cannes

Fei gáñase a vida na gran cidade traballando na prostitución. O seu mundo derrúbase cando se decata de que a súa familia acepta os seus cartos pero non a súa forma de vida nin a súa homosexualidade. Co corazón roto, Fei loita por comezar unha nova vida.

Moneyboys resulta abraiante por ser un filme pouco común que representa a homosexualidade en China con gran sensibilidade e calidez, amosando a confusión que pode causar en alguén sentirse un estraño. Por outra banda, o ritmo da obra suporá un visionado agradable para aqueles que gozan de certo espazo para a contemplación, a medida que se desenvolven os acontecementos.

C.B. Yi

China

Yilin Bo Chen naceu en China, pero vive en Austria desde os 13 anos, onde se formou na Vienna Film Academy baixo a tutela de Michael Haneke e Christian Berger, aínda que as súas maiores influencias son o terror chinés, o surrealismo de Buñuel e a sensibilidade de Wong Kar Wai. Moneyboys é a súa primeira película.
Ficha artística

Ko Kai, Chloe Maayan, Yufan Bai, J.C. Lin

Ficha técnica

Guión: C.B. Yi
Fotografía: Jean-Louis Vialard
Produción: KGP Kranzelbinder Gabriele Production, Zorba Production, arte France Cinéma, Panache Productions