Ano

1999

Nacionalidade

Rusia, Alemaña, Xapón, Italia, Francia

Duración

108 min.

Xénero

Ficción

Idioma

Alemán

NOV
13
Sábado, 16:30
Cinema NUMAX
Mercar entrada

1999: Mellor guión no Festival de Cannes

1999: Candidata a mellor película e fotografía nos Premios do Cinema Europeo

No remoto refuxio alpino do “Niño do Aguia”, Eva Braun recibe a visita do seu amante. Hitler chega acompañado dos seus máis fieis colaboradores, entre eles o contrafeito Joseph Goebbels, a súa esposa Magda e o ambicioso e autoritario Martin Bormann. Pasan un día de descanso entre comidas vexetarianas, paseos e danzas grotescas pola montaña, todo zarrapicado por paradoxais discusións que contribúen a debuxar a figura dun ditador decadente, paranoico e infantiloide, rodeado dun grupo servil e envexoso. Un cadro de banalidade e mesquindade cotiá, en vésperas da derrota nazi na fronte soviética, co espectro da morte e a soidade sobrevoando o conxunto.

Ficha artística

Leonid Mozgovoy, Elena Rufanova, Irina Sokolova, Elena Spridonova, Vladimir Bagdanov, Anatoli Shcwederski

Ficha técnica

Guión: Yuri Arabov
Fotografía: Alexei Fyodorov, Anatoli Rodionov
Edición: Leda Semyonova
Produción: Thomas Kufus, Viktor Sergeev, Rio Saitani, Michael Schmid-Ospach