Ano

2021

Nacionalidade

Perú

Duración

73 min.

Xénero

Ficción

Idioma

Español

4,00

Nota do público
NOV
11
Xoves, 17:00
Cinema NUMAX
Mercar entrada
NOV
15
Luns, 16:00
Multicines Compostela
Mercar entrada

Tras se enterar do suicidio de Bernal, Humberto reúne logo de moitos anos a Cristian, Daniel e Gabriela para cumprir o que interpreta como a derradeira vontade do defunto: resolver os conflitos que os alonxaron ao rematar a escola. Obsesionado cun vídeo testemuñal de Bernal onde se poderían ocultar as razóns do seu suicidio e culpándose por desatender a mensaxe no momento apropiado, Humberto embárcase nun exercicio de memoria sobre un pasado que talvez é hora de transcender.

Rodrigo Moreno del Valle

Lima, Perú

Director de cinema, produtor executivo en Arrebato Cine e docente cinematográfico na escola peruana de cine e artes visuais EPIC. [Wi:k], a súa ópera prima, foi estreada no 18 BAFICI, e exhibida en diversos festivais e mostras en Chile, Arxentina, México, Colombia, Brasil e Bolivia. LXI é a súa segunda longametraxe.
Ficha artística

Javier Saavedra, Rodrigo Palacios, Cynthia Moreno, Sebastián Rubio

Ficha técnica

Guión: Rodrigo Moreno
Fotografía: Pablo Polanco
Música: Nico Saba
Produción: Loshua Flores Guerra