Ano

2021

Nacionalidade

España

Duración

90 min.

Xénero

Ficción

Idioma

Español

7,78

Nota do público
NOV
13
Sábado, 19:15
Salón Teatro
Mercar entrada
NOV
14
Domingo, 17:00
Teatro Principal
Mercar entrada

Juan é un funcionario de prisións que observa en silencio cada domingo a visita de Berta, a nai dun dos presos. O día que por fin logra achegarse a ela, sorpréndese a si mesmo facéndose pasar por outro pai e inventándose a unha filla dentro do cárcere: Josefina. A necesidade de encher o baleiro no que viven Juan e Berta levaraos a seguir véndose máis aló da realidade que os rodea.

O gañador dun Goya pola curta A la cara Javier Marco, presenta un coidado duelo de soidades encarnado por Emma Suárez e Roberto Álamo. Ambos os dous intérpretes sustentan con brillantez os seus personaxes desvalidos, un autista emocional e unha muller á que lle voaron os cimentos por completo. E as citas filosóficas que figuran nos sobres de azucre do café que el toma no traballo van preparando unha situación de todo inesperada e que conduce a Josefina ao territorio do máxico. As aparicións insospeitadas xorden tamén con suavidade de ningún xeito truculentas, nun xiro argumental tan aberto como sorprendente. Un belo e tormentoso exercicio de supervivencia emocional o destes dous seres á deriva, contado con sutileza e infinito respecto.

Javier Marco

Alacante

Director de cine, produtor e editor. As súas curtas proxectáronse nas seccións oficiais de festivais como Clermont Ferrand, Palm Springs, Cleveland, FICG Guadalajara ou Leeds. A la cara (2019), recibiu o Goya á mellor curta de ficción, e Uno (2018) foi preseleccionada para os premios Oscar. Josefina é a súa primeira longametraxe.
Ficha artística

Emma Suárez, Roberto Álamo, Miguel Bernardeau, Manolo Solo, Pedro Casablanc

Ficha técnica

Guión: Belén Sánchez-Arévalo
Fotografía: Santiago Racaj
Edición: Miguel Doblado
Produción: Rosa García Merino, Sergy Moreno, Jamila Wenske