Ano

2021

Nacionalidade

España

Duración

95 min.

Xénero

Ficción

Idioma

Galego, inglés

NOV
19
Venres, 22:15
Teatro Principal
Mercar entrada

Jacinto é un neno de nove anos encerrado no corpo dun home de preto de cincuenta. Vive cos seus anciáns pais en Mallou, unha aldea en ruínas no medio das montañas de Lugo. Son os tres únicos habitantes que quedan. Jacinto fabricou un mundo de fantasía no que é o rei absoluto, pero todo cambia coa chegada dunha nova parella de veciñas: Alex e Ana, dúas escuras artistas black metaleiras que veñen desde Suecia en busca dun lugar tranquilo onde gravar o novo disco da súa banda Tardigrades. Os mundos de ambas as dúas familias non poderían ser máis diferentes, e non tardan en darse os primeiros rozamentos e problemas. Jacinto ten moi claro que Mallou é demasiado pequeno para os cinco. Igual que nas películas, ten que elaborar un plan para facer desaparecer ás mozas e traer a paz á súa familia.

Javi Camino

Santiago de Compostela, 1982

Realizou curtas, máis dunha vintena de videoclips, documentais (Nación de muchachos: utopía o muerte), series de televisión (Casa Manola), webseries (El viudo quiere mimos, A tope siempre, Hazlo con Susa…), unha peli amateur (¡Maldito Bastardo!) e mesmo un programa de cociña. Colabora habitualmente en medios de comunicación.
Ficha artística

Pedro Brandariz, Anxela Baltar, Miro Magariños, Pilar Miguélez, Juanma Buiturón, Corinna Rautenberg

Ficha técnica

Guión: Javi Camino
Fotografía: Fran Arnoso
Música: Wenceslao Lamas Lopez
Produción: Vizuals Lab