Ano

2020

Nacionalidade

Arxentina

Duración

102 min.

Xénero

Documental

Idioma

Español

6,61

Nota do público
NOV
18
Xoves, 17:15
Multicines Compostela
Mercar entrada
NOV
20
Sábado, 17:00
Auditorio de Galicia
(Sala Mozart)
Mercar entrada

Un grupo de persoas reúnese desde hai dezaoito anos, nun bar de Bos Aires, a ler unha e outra vez o mesmo libro: En busca do tempo perdido de Marcel Proust. Atravesando as súas lembranzas e emocións, con gran sentido do humor, o grupo dálle á novela un significado novo e persoal.

Rexistrando durante case tres anos o día a día dun emblemático bar de Bos Aires que xa non existe, María Álvarez retratou a un grupo de persoas que se reuníu durante case vinte anos para compartir a arte cos demais. Nese marabilloso acto de resistencia que fai trascender á mesma película, asistimos a unha lectura completa da obra de Proust, ao tempo que se van desvelando as ricas dinámicas internas do grupo.

María Álvarez

Bos Aires, Arxentina

Escritora e cineasta. Actualmente está a realizar Las cercanas, última parte da súa triloxía documental sobre o tempo e a arte. Esta triloxía comezou con Las cinéphilas (2017), proxectada en 40 festivales en 20 países, incluído Cineuropa, e continúa con El tiempo perdido (2020), película que obtivo o premio á mellor longametraxe na competencia arxentina do Festival de Mar del Plata.
Ficha técnica

Guión: María Alvarez
Fotografía: Tirso Diaz-Jares Rueda, María Alvarez
Edición: María Alvarez
Produción: Tirso Diaz-Jares Rueda, María Alvarez